También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Barreiros | Acondicionan un acceso al Monte Comado para que los aficionados al parapente puedan practicar desde esa zona

O alcalde, Alfonso Fuente Parga, dixo que era difícil subir incluso en todoterreo, pero onte remataron os traballos que permiten chegar a esa zona en coche. Foron dúas asociacións as que se dirixiron ao rexedor para demandarlle o arranxo dese acceso. Alfonso Fuente explicou que “en Barreiros tomamos a decisión de arranxar o camiño que sube a Comado. Hai anos que os afeccionados ao parapente e á ala delta utilizan esa zona para facer os despegues e voar sobre a costa luguesa e hai uns días chamáronme desde dous asociacións, e incluso subín con eles e vin como se tiraban desde alí. Tiveron que acceder desde Remourelle porque ese camiño era intransitable e incluso se facía moi difícil chegar alí en todoterreo”. O rexedor barreirense indicou que “onte remataron os traballos de acondicionamento dese camiño e incluso se pode subir cun turismo e disfrutar da paisaxe que se pode ver desde Comado. E sobre todo porque estas asociacións están vendo a posibilidade de organizar tamén algún campionato, algún concurso de saltos desde ese monte. Todo o que veña para Barreiros benvido será e por iso houbo que meter unha máquina aí para arranxar ese camiño”.

Lo más visto