• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Elecciones 24M |

Barreiro confía en que la lista de David Álvarez será la elegida por los vecinos de A Pontenova

El candidato popular concurre a las elecciones municipales con un equipo formado por personas cercanas y trabajadoras. Álvarez explicó “a la hora de elaborar la candidatura elegí a personas honestas, cercanas y trabajadoras para liderar, en equipo, el proyecto popular”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 10 abr 2017

O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, presentou hoxe a lista dos populares de A Pontenova que estrea candidato para os vindeiros comicios municipais. Trátase do xa anunciado, David Álvarez Gutiérrez, un médico de profesión que con moitas ganas e ilusión afronta este novo reto. Barreiro ve na lista do PP de A Pontenova un equipo de persoas traballadoras e responsables, e mostrouse confiado en que serán as elixidas polos veciños e veciñas da localidade.  Neste senso, animou a todos a traballar para lograr a alcaldía e gobernar no municipio.  Pola súa banda, o alcaldable, quen sempre se amosou moi partidario do traballo en equipo para un bo funcionamento, elixiu para iniciar o cambio neste municipio mariñán,  a persoas cercanas e traballadoras. “Son os integrantes axeitados para traballar polas necesidades dos habitantes de A Pontenova e do propio municipio” . Convencido de que a labor básica dun Concello é o servizo público e que axudar aos cidadáns é o piar fundamental, o candidato popular insistiu en que non pode existir distinción de clases e que tódalas persoas, non só unhas poucas, teñen que ser beneficiarias das políticas aplicadas no Concello. Dixo, que esta sería a súa máxima aplicar se resulta elixido alcalde. CANDIDATURA PP PONTENOVA David Álvarez Amador Villapol María Concepción Bouza Ángel Enriquez Manuel Díaz José Manuel Fernández José María García Antonio Álvarez Antonio Ginzo Plácido Martín Gustavo Cancio   Suplentes José Benjamín Pacio José María Barcia Aurora García Elda Fernández

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar