• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Santiago |

Balseiro pedirá en el Parlamento que la Xunta impulse iniciativas de los trabajadores y colabore con la empresa para procurar la viabilidad de Sargadelos

El Grupo Popular a sume un compromiso formal e intitucional de apoyo ante la situación que atraviesa este emblemático grupo empresarial. El dipiutado popular espera que otras administraciones puedan implicarse como ya ha hecho el Gobierno Gallego, en clara alusión a la Diputación Provincial, que de momento “Buenas palabras pero ningún hecho” Esta iniciativa del PP fue consensuada en la reunión del parlamentario popular con representantes del Comité de Empresa

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O deputado do Grupo Popular e tenente de alcalde en Cervo, Jose Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento galego –unha proposición non de lei- pola que se pide á Xunta de Galicia que impulse as decisións e ferramentas ao seu alcance para, en colaboración coa dirección e os traballadores, procurar a viabilidade das empresas de Sargadelos (Cervo) e de O Castro (Sada). Balseiro explica que o contido desta iniciativa foi consensuado na xuntanza que mantivo o parlamentario con representantes do Comité de Empresa. O Grupo Popular asume, deste xeito, un compromiso formal e institucional de apoio ante a moi difícil situación que atravesa actualmente o grupo galego Sargadelos, inmerso na negociación dun ERE que, como lembran os populares, afectaría a un número moi significativo do actual cadro de persoal. De feito, a proposta inicial prevé extinguir 41 contratos en Cervo e 29 máis na planta de O Castro, dun total de 170 operarios. A iniciativa da que é autor o deputado Jose Manuel Balseiro ten ademais unha relevancia especial xa que, unha vez aprobada –feito probable dado que está avalada polo grupo maioritario no Parlamento–, suporá un mandato expreso á administración autonómica para que, en colaboración con empresa e os traballadores, deseñen unha estratexia de apoio para garantir a continuidade deste proxecto. UN APOIO EQUIVALENTE DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS Balseiro espera que, como mínimo, outras administracións poidan implicarse como xa o fixo o Goberno galego, de momento, a única administración que ten colaborado economicamente con Sargadelos. O parlamentario di que, por exemplo, desde a Deputación todo foron boas palabras pero, á hora da verdade, ningún feito. EMPRESA EMBLEMÁTICA Os populares xustifican a prioridade e relevancia dos apoios solicitados lembrando algúns dos argumentos nos que veñen insistindo nos últimos días: estaríamos a falar de cooperar cun proxecto que transcende o mero ámbito empresarial, e que se dirixe a garantir a continuidade dunha compañía emblemática, ata o punto de que “representa a Galicia”. Balserio lembrou que cando os seus promotores, Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane impulsaron o moderno proxecto, alá por 1979, souberon realizar unha mestura perfecta entre a actividade industrial e artesanal e a identidade cultural do noso país, creando unha marca prestixiosa, de calidade, cun deseño vangardista pero tradicional. Estaríamos loitando por dar continuidade, a un proxecto cun especial capital humano, porque Sargadelos é unha empresa cun cadro de persoal composto na súa práctica totalidade por mulleres que levan case toda a súa vida laboral ligadas á empresa na que desenvolven unha actividade de gran especialización  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar