• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Galicia |

Balseiro se interesa por los apoyos de la Xunta a proyectos que buscan aumentar el valor económico de los montes

El portavoz del área forestal del Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, quiere conocer los planes del Gobierno Gallego para afianzar al sector forestal gallego en un lugar privilegiado que ostenta. Como ejemplos a seguir pone la gestión sostenible y la certificación de la madera produciada en los montes de mano común de Trabada o la conversión de monte en pastizal en Consagrada

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O portavoz da área de Montes do Grupo Parlamentario Popular e Secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro rexistrou unha iniciativa parlamentaria a través da que se interesa polos apoios previstos pola Xunta de Galicia dirixidos ao incremento das masas forestais e o aumento do valor económico dos montes. O parlamentario popular quere coñecer os plans do Goberno autonómico para afianzar ao sector forestal galego no lugar de privilexio que ostenta. De feito, lembra que Galicia é a maior potencia forestal de España e unha das máis importantes de Europa, feito avalado polos datos que indican que só na nosa comunidade a súa superficie forestal arborada representa o 48% da totalidade do territorio, superando as 1.400.000 hectáreas e cunha alta produción de madeira, próxima ao 45% da produción nacional. Balseiro dixo que o Grupo Parlamentario Popular ven defendendo o impulso e o apoio de todos aqueles proxectos estratéxicos que, de xeito estruturado e conexo, estean dirixidos a estes obxectivos e, moi en concreto, a aproveitar as vantaxes deste recurso natural moi abundante na nosa terra, os nosos montes, como oportunidade contra a crise. De feito Balseiro cre que no monte galego hai diversas iniciativas de carácter positivo, no ámbito da posta en valor forestal e de feito nomea dous proxectos xa en marcha que, ademais de exemplos a seguir son tres auténticos referentes forestais: A xestión sostible e a certificación da madeira producida nos montes comunais de Trabada (Lugo), a conversión do monte en pastizal na Fonsagrada (Lugo) TRABADA Neste concello da Mariña lucense, Trabada, acadouse fai máis de dúas décadas a unión de medio milleiro de propietarios e máis de 11.000 montes para poñer en marcha tres concentracións parcelarias privadas e unha pública; unhas 2.000 hectáreas de monte ordenado neste municipio. Entre as vantaxes que propiciou este sistema, ademais da redución de custes que supón poder compartir servizos de curta ou de limpeza e de aplicación de tratamentos, os montes resultantes, pola súa dimensión, son espazos aptos para que, en cada unha de forma independente, poida desenvolver unha xestión forestal adecuada. A concentración tamén permitiu certificar, e polo tanto dar maior valor, á madeira producida. Este aproveitamento da madeira serve tamén para corrixir un dos grandes problemas da explotación forestal en Galicia, como son a dispersión da propiedade e a gran superficie improdutiva. Pero é que tamén constitúen un espazo forestal de gran valor natural e turístico xa que logo, a través das rutas habilitadas, descóbrense paraxes irrepetibles que comparten espazo con producións forestais viables e ordenadas. A FONSAGRADA No caso da Fonsagrada o incremento do pastizal consegue que o monte xere beneficios económicos que revertan na comunidade de propietarios e que promoven o mantemento de poboacións nas entidades rurais.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar
Directo Ecclesia al día

Ecclesia al día

Con Álvaro de Juana

Ver TRECE