• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Balseiro aplaude el inicio de las obras para la sala de quimioterapia en el Hospital da Costa

El diputado popular ha destacado que el Gobierno gallego, con estas obras, cumple el compromiso adquirido con los vecinos de la comarca de la Mariña. Un servicio que va a evitar el desplazamiento de enfermos a otros centros hospitalarios. El deseo de los populares es que los trabajos de adaptación del espacio y puesta en marcha de este nuevo servicio pueda desarrollarse con agilidad para que sea una realidad lo antes posible.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O secretario do Parlamento de Galicia e deputado autonómico do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, aplaudiu hoxe o inicio das obras necesarias para a posta en marcha da nova sala de tratamentos oncolóxicos e de quimioterapia que veñen de comezar no Hospital da Costa de Burela, segundo anunciou onte o seu Director Xerente, tras a retirada dos historiais médicos que ocupaban ata o de agora, este espazo de arquivo. O parlamentario popular salienta o enorme beneficio social e sanitario que os enfermos de cancro e as súas familias obterán ao poder recibir preto dos seus domicilios estes tratamentos de quimioterapia sen necesidade de trasladarse, como acontece agora, ás cidades de Lugo ou da Coruña, coas correspondentes incomodidades, que se sumaban aos efectos secundarios do propio tratamento. O novo hospital de día oncolóxico disporá dunha sala con ata 14 prazas, consulta do oncólogo, zona diferenciada para doentes de uroloxía, un aseo, en definitiva, un espazo de máis de 120 metros cadrados que permitirá atender a máis de 100 doentes. CÚMPRESE UN COMPROMISO PROMOVIDO POLO PP O deputado salienta que o Goberno galego cumpre así o compromiso adquirido cos veciños da comarca e, de xeito especial, logo da aprobación dos acordos no Parlamento de Galicia e nos concellos polos que o Partido Popular –formación política promotora–  demandaba a creación deste novo servizo. Lamenta tamén que socialistas e nacionalistas parezan molestos porque o Partido Popular vai a facer realidade este servizo que eles non propuxeron nin quixeron crear cando tiveron responsabilidade de Goberno na Xunta de Galicia Balseiro expresa o seu desexo de que os traballos para a adaptación dos espazos e posta en marcha deste novo servizo poidan desenvolverse con axilidade, dada a importancia do mesmo, para que sexa realidade o antes posible.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo