• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

Balseiro anima a los lucenses a remata fachadas y rehabilitar cubiertas

El secretario general del PP lucense, José Manuel Balseiro, recuerda que el plazo de solicitud de las ayudas de la Xunta para terminar fachadas y para rehabilitar cubiertas en viviendas, permanece abierta hasta finales del mes de julio en las tres convocatorias abiertas: fachadas de granito, cubiertas de losa y con tejas de  material cerámico Estas actuaciones, además de contribuir a una mejora de la eficiencia energética y a la utilización de materiales de gran importancia industrial para Galicia, supone una apuesta por mejorar y embellecer las construcciones existentes La actual convocatoria contempla un presupuesto total de 600.000 euros

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro animou aos lucenses a acollerse ás axudas que a Xunta convocou para o remate de fachadas e rehabilitación de vivendas tanto unifamiliares como colectivas (comunidades de propietarios)

Máis en concreto, lembrou que a día de hoxe permanecen abertas as ordes de convocatoria específicas para subvencionar os gastos nos que se poida incorrer en tres ámbitos distintos: para a rehabilitación de fachadas de granito e de teitos e  cubertas con tella cerámica ou lousa.

O parlamentario explica que as persoas interesadas deben realizar a correspondente solicitude de axudas antes de que remate o prazo a finais deste mes (31 de xullo). Alerta, en todo caso, que ao tratarse dunha convocatoria non competitiva, resulta importante facelo canto antes pois os apoios finalizan cando se esgoten os fondos económicos consignados que, de sumarse as tres convocatorias, superan os 600.000 euros (200.000 por cada unha delas)

Balseiro dixo tamén que a Xunta considera custos subvencionables, aqueles que sexan directamente imputables ás actuacións de rehabilitación de fachadas con granito, ou a reparación, substitución ou recuperación das cubertas das edificacións, entre outros: Custo dos informes técnicos,  das memorias básicas ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría, custos de licenza, os de desmontaxe e os de compra dos propios materiais, custos de man de obra e do imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación

MELLORA ENERXÉTICA E VISUAL

Balseiro sinala que o Goberno galego aposta por estas actuacións consciente de que levan aparelladas múltiples vantaxes, como a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, a través da redución da demanda en calefacción ou refrixeración dos edificios de vivenda existentes.

Ademais tanto o granito, como a lousa ou a tella cerámica son produtos propios do país, o que contribúe ao fortalecemento desta industria e dos seus empregos asociados. Un sector que traballa creando materiais excepcionais pola súa durabilidade, resistencia mecánica, resistencia ao desgaste ou incombustibilidade.

A todos estes factores hai que engadir o seu valor estético para o seu uso como materiais de revestimento. Tanto o granito, como a lousa e a tella cerámica son ideais para incorporar en pequenas edificacións, moitas delas situadas nos cascos antigos das vilas e en zonas rurais, contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente.

AMPLIAR INFORMACIÓN

Sobre este procedemento administrativo, poden obter información adicional na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, na web oficial da consellería de Economía e Industria: http://economiaeindustria.xunta.es ou na Delegación provincial da Xunta.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar