• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo | Unos 40 kilos

El ayuntaminto envía medicamentos y material sanitario al Sáhara

Los fondos utilizados para a compra de las medicinas provienen de la campaña de captación pueseta en marcha por los Servicios Sociales en la que han recaudado 250 euros. La administración local costeará los gastos de envío para que los medicamentos lleguen a los campamenetos de refugiados saharauís

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O departamento de Servizos Sociais que dirixe a edil Pilar Armada recadou un total de 250 euros durante os meses de outubro, novembro e decembro a través da súa campaña de captación de fondos dirixida á adquisición de medicamentos para os campamentos de refuxiados saharauís. Con estes cartos, achegados pola cidadanía, foi posible mercar un total de 40 quilos de medicamentos e outro material sanitario. O Concello encargouse de realizar e de costear o envío de todos os fármacos ao Sáhara, que xa están de camiño. A edil quixo agradecer aos cervenses a súa disposición a colaborar con esta boa causa. “De todo corazón quero dar as grazas a todas e cada unha das persoas que fixeron a súa achega nesta campaña” explica Armada, porque “cos pequenos esforzos de todos conseguimos algo moi grande, como é poder axudar aos habitantes dos campamentos saharauís, que teñen moitas dificultades para dispoñer de algo tan cotián para nós como un comprimido para baixar a febre ou unhas simples gasas”. A delegada de Servizos Sociais tamén quixo amosar a súa gratitude a Raquel Prieto, unha cervense que colaborou organizativamente nesta campaña e que todos os veráns acolle na súa casa a un neno saharauí. A edil e a colaboradora estiveron empaquetando os medicamentos para o seu posterior envío. Nesta acción tamén é destacable a axuda da farmacia de Cervo, que achegou material a maiores asumindo ela mesma os custos. En canto ao contido do envío, incluíronse medicamentos de atención primaria para atallar febres, diarreas e outras doenzas que adoitan ser causa de morte entre a poboación, ademais de material sanitario como gasas ou tiras adhesivas, así como utensilios para o coidado de bebés como biberóns e chupetes ou incluso alimentos como leite de continuación.    Con este envío, a Concellería de Servizos Sociais pecha a primeira fase da campaña, pero informa a toda a cidadanía de que a captación de fondos vai continuar activa para poder realizar sucesivos envíos. A forma de recollida de achegas será a mesma que a destes últimos meses, a través de huchas colocadas permanentemente na Casa da Cultura e de recollidas ao pé das actividades que organiza a Concellería.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE