También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo | El objetivo es tenerla acondicionada para el mes de septiembre

El ayuntamiento trabaja en la creación de un área de autocaravanas cerca de la playa de A Caosa

El regidor cervenses, Alfonso Villares, ha abordado la idea de esta área para autocaravanas con el presidente de la Asociación Gallega de Autocaravanas, Jorge Ferreiro. Desde la asociación se comprometen a dar difusión a la nueva área en su página web y presentarla en la feria de turismo de Silleda. Para habilitar esta área esta previsto acondicionar el firme y distribuir el esapcio en parcelas.

Villares e Soto xuntáronse cos representantes de AGA primeiro na casa consistorial, para falar dos detalles do futuro espazo que se habilitará para o estacionamento de caravanas así como da súa promoción a través das ferramentas que utiliza a asociación. Acto seguido, desprazáronse ata o lugar que se baralla como emprazamento para esta área, unha zona próxima á praia da Caosa que se atopa detrás do campo de fútbol. Un lugar “privilexiado, cunhas inmellorables vistas ao mar e á península da Paz”, manifesta o rexedor, unha impresión positiva que tamén compartiron os responsables de AGA na súa visita.  

Para habilitar esta área está previsto acondicionar o firme e distribuír o espazo en parcelas de aparcamento. Ao mesmo tempo, porase ao dispor dos viaxeiros unha plataforma de baleirado, que inclúe unha zona de evacuado de augas procedentes de WC e as augas grises así como un punto de captación de auga potable para lavar e encher os depósitos dos vehículos. Tamén se colocará a sinalización correspondente para indicar que se trata dunha área de caravanas na que se pode estacionar durante un máximo de 72 horas.

Preparada para setembro

O alcalde explicou que “o noso obxectivo é ter a área preparada e disposta para entrar en funcionamento no mes de setembro” e destacou o poder dinamizador deste tipo de espazos: “O turismo de autocaravanas ten moito en conta a existencia de áreas específicas á hora de elixir os seus destinos, polo que coa dotación deste espazo o potencial turístico da vila e do municipio verase incrementado, o que ao mesmo tempo beneficiará directamente os establecementos comerciais”.

Tamén cabe resaltar o compromiso dos responsables da asociación de darlle a máxima difusión á nova área, tanto a través da súa páxina web, http://www.web-aga.org/ como no portal de áreas e aparcamentos www.areasac.es no que se comparte información sobre as áreas de toda Europa. Ambos portais son utilizados por multitude de autocaravanistas para deseñar as súas rutas.

Turismo non estacional

Ao mesmo tempo, os responsables de AGA explicaron que na próxima feira de turismo de Silleda, o III Salón Turístico de Galicia que se celebra do 22 ao 24 deste mes, anunciarán a inminente creación desta área para comezar a dar a coñecer a súa existencia. “A futura área de autocaranavas permitiranos ir ampliando os perfís de turista que nos visitan, sendo unha forma de turismo complementaria a outras como a do aluguer de pisos e apartamentos ou a de estancias en hoteis e hostais” engade o mandatario cervense. Outro dos aspectos relevantes é o carácter non estacional deste tipo de turismo “o que permite contar con visitantes ao longo de todo o ano”.

“Non podemos esquecer que ademais das persoas e familias que viaxan en solitario na súa caravana, existen tamén conxuntos de persoas que viaxan en grupo, e incluso se organizan concentracións de autocaravanas que poden chegar a mobilizar a centos de vehículos” manifesta Villares.