• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo | En las parroquias de Rúa, San Román, Cervo y Lieiro

El ayuntamiento repara siete caminos a través del Plan de Infraestructuras en el Rural

Los trabajos de reparación y mejora de sieete pistas en la zona rural cervense han comenzado esta semana; se trata de trabajos en 1.500 metros de vías rurales en las parroquias de Rúa, San Román, Cervo y Lieiro. Los trabajos los lleva a cabo la empresa pública Tragsa.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Os traballos afectan a unha lonxitude total de 1.500 metros de camiños das parroquias de Rúa, San Román, Cervo e Lieiro. Unhas melloras que acometerá a empresa pública Tragsa e que se inclúen no Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) da Consellería do Medio Rural e do Mar. As sete actuacións teñen un orzamento total de 63.300 euros, que son financiados ao 100% polo departamento da Xunta.  En concreto, vanse realizar traballos de asfaltado no camiño de Árbol a Nogueira (Rúa), no camiño das Lagoas (Lieiro) e vanse acondicionar tamén con asfalto uns accesos en Cuíña (Cervo), no Eixo (San Román), e en San Tomé (San Román). Ao mesmo tempo está previsto acondicionar con zahorra a Chousa do Agro (San Román), así como mellorar co mesmo material a pista do Paraño (Cervo). En todos os casos trátase de obras necesarias que nalgúns casos permiten abrir camiños, pavimentalos e facelos transitables para os vehículos “co que se pode facilitar o desenvolvemento do traballo diario e das tarefas cotiás” explica o alcalde, Alfonso Villares. “Percorrendo a zona rural de Cervo fomos escoitando as demandas da veciñanza e valorando o estado dos camiños” asegura Villares. Esta semana o rexedor, a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso así como técnicos municipais e responsables de Tragsa percorreron varios dos lugares onde se van acometer as tarefas para coñecer sobre o terreo os detalles das obras así como para falar coa veciñanza e explicarlles as medidas a adoptar. O primeiro camiño onde se van levar a cabo as obras é o de Árbol a Nogueira, onde se van asfaltar 760 metros de vía. O rexedor destaca “a importancia de mellorar as vías de comunicación por estrada na zona rural e en especial as pistas interiores que serven como arterias principais dentro das parroquias e dos núcleos rurais”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar