También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Foz |

El ayuntamiento procede al arreglo de carretera en parroquias y adaptar los pasos de peatones

El Ayuntamiento de Foz está arreglando carreteras de varios núcleos de las parroquias de Santa Cilla y Vilaronte. También empezaron las obras para sustituir los pasos de peatones elevados de la villa focense que no cumplían la normativa.

O concelleiro de Medio Rural e Obras, Pedro Fernández Manín, anunciou que “en Santa Cilla estanse asfaltando viais nos barrios de As Boroas e Catarou, que estaban completamente estragados. Na parroquia de Vilaronte acabamos de arranxar no barrio de Mañente e agora continuaremos cos accesos á Rúa. Estas obras están incluídas nunha subvención de Agader, a través da Xunta de Galicia, que costea o cen por cen do investimento”. Pedro Fernández engadiu que “debería tomar nota a Deputación Provincial de Lugo, organismo para o que Foz non existe, nin para o arranxo das estradas de propiedade provincial nin para a limpeza das vías públicas, porque concretamente a subida ao Santo dende Marzán, onde estes días estamos en festas, tivemos que limpala e axeitala dende o Concello de Foz. Non entendemos como algún grupo político de Foz critica que non hai previsión por parte da Xunta de Galicia e ignora completamente á Deputación. É posible que haxa algún interese para que non saia a relucir, por parte deste grupo e do seu portavoz, algo tan esencial como limpar e arranxar unhas estradas que usamos todos os veciños”. O concelleiro de Obras tamén explicou que “estanse substituíndo os pasos de peóns elevados, que foron feitos no mandato municipal anterior cun custo bastante elevado e que ocasionaron reclamacións por parte dos veciños, protestas que xa transmitíramos dende o Partido Popular cando estábamos na oposición e a contestación do Partido Socialista, que era o que gobernaba e no que estaba o señor Cancio e algún membro do PSOE que está na corporación actual, foi que non había cartos para poder rebaixalos. Pero agora, despois de ter pagado 1.400.000 euros dende o ano 2011, cando entramos no goberno local, estamos a arranxar os pasos de peóns, polos que hai reclamacións dos veciños de Foz”. Ademais Fernández Manín rematou comentando que “acabamos de pintar os pasos de peóns, aínda que faltan estes que estamos a facer novos e dous ou tres máis, e quero pedir desculpas por se esas obras causaron molestias a algunha persoa, aínda que, como coordinador deste traballos, creo que a empresa que os fixo puxo todos os medios para non obstaculizar a circulación”.

Lo más visto