Esta foi a primeira xuntanza convocada polo Concello para coñecer as demandas e as impresións dos hostaleiros así como as súas propostas “para garantizar la máxima implicación de los locales e ir mejorando año tras año”, explica a edil. Alonso quixo coñecer a dispoñibilidade dos bares e restaurantes para participar na festa, preparando e ofrecendo pratos elaborados con ourizo nos seus propios locais, así como para presentar as súas novas receitas no XII Concurso Gastronómico. A edil destaca “la buena disposición de los hosteleros para celebrar esta fiesta y participar en el concurso gastronómico como iniciativas muy positivas de promoción turística y de dinamización del sector”. A edil tamén quixo valorar xunto cos responsables dos establecementos a posibilidade de introducir algunha novidade no programa deste ano como complemento ás Xornadas Técnicas. Para iso contémplase a opción de contar con especialistas que poidan achegar outro punto de vista sobre o equinodermo. O que si se manterá invariable é o compromiso de utilizar só ourizo de mar extraído na Mariña, que será a materia prima para elaborar todos os pratos que se sirvan durante a festa, tanto nos propios locais como no concurso gastronómico “para degustar el auténtico sabor del erizo de mar de la comarca” e ao mesmo tempo “contribuir con la economía de la zona”.