También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Lourenzá |

Ayuntamiento y parroquia de Santa María de Valdeflores firma un convenio que regula las visitas a la iglesia, sarcófago del Conde Santa y museo de arte sacra

El Ayuntamiento de Lorenzana, por medio de la alcaldesa, Emma Álvarez, frimó un convenio con la parroquia de Santa María de Valdeflores, a través de su párroco, José Antonio Miguélez, paera permitir unas visitas guiadas a todas aquellas personas que quieran conocer tanto la iglesia, como el conjunto histórico del monasterio de San Salvador.

Ademais nas propias dependencias da igrexa e outras de titularidade eclesiástica está o museo de arte sacra de Vilanova de Lourenzá, que conta cunha importante colección incluíndo ourivarías, escultura, pintura, mobiliario e indumentaria”, explicou a rexedora municipal. Emma Álvarez engadiu que “as persoas que se acheguen para facer estas visitas guiadas tamén poderán ver o retablo e relicario do século XVII que está na capela da Valdeflores e que foi realizado en madeira policromada por Francisco Andrade. Tamén poderán visitar o sarcófago do Conde Santo”. Estas visitas vanse desenvolver de luns a venres ás 12, ás 16 e ás 18 horas e os sábados unicamente en horario de mañá. Os prezos para a xente que queiran ver a igrexa, a sancristía e o sarcófago será de 2 euros e se ademais queren visitar o museo de arte sacra terán que pagar 3 euros pola entrada. Os grupos formados por máis de 15 persoas terán un desconto dun euro por membro. A alcaldesa explicou tamén que “a maiores destas xoias que temos no concello hai unha importante e antiga biblioteca monacal que conserva máis de 4.000 libros entre os que se poden atopar edicións do século XVI. Pero é unha biblioteca que ata o de agora está sen catalogar e supoño que en vindeiros anos son deberes que tocará facer por parte do clero coa axuda do Concello para que se poida mostrar outra xoia máis do noso patrimonio”. Este convenio empezará a aplicarse o vindeiro luns, día 1 de abril, polo que durante esta semana seguirase co sistema de visitas que había ata o de agora.

Lo más visto