También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo |

El Ayuntamiento invierte 35.000 euros en iniciativas de fomento de empleo juvenil

La administración local ofrecerá bolsas de formación remuneradas a los jóvenes cervenses con estudios Universitarios o de Formación Profesional. El objetivo principal es potenciar la inserción laboral de los jóvenes dándoles la oportunidad de perfeccionar su formación y adquirir experiencia profesional. La edil de empleo, Yolanda Pedreira, ha definido estas medidas como “un apoyo a la juventud y a la formación”

A Concellería de Emprego presentou hoxe unha iniciativa de fomento do emprego xuvenil coa posta en marcha dun plan de axuda á inserción laboral dirixido a este colectivo. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a delegada desta área, Yolanda Pedreira, deron a coñecer hoxe os detalles desta acción que contará cun investimento de 35.000 euros e que Pedreira definiu como “un apoio á xuventude e á formación”.    En concreto, esta iniciativa subdivídese en dous programas; un programa de bolsas de formación dirixido a mozos e mozas con título universitario, e un programa de bolsas de formación profesional, dirixido a titulados de FP. Unhas bolsas que en ambos casos serán financiadas integramente con fondos do Concello e a través das cales os titulados realizarán prácticas remuneradas en distintos campos da administración local. O período formativo será de entre dous e doce meses. Estas bolsas teñen o obxectivo de contribuír á inserción laboral da mocidade, “ofrecéndolles a posibilidade de completar a súa formación teórica con prácticas nun entorno laboral real” explica Pedreira. “Deste xeito, os beneficiarios poderán trasladar ao eido laboral os coñecementos adquiridos durante a súa carreira ou curso de FP e desenvolver as súas habilidades” engade a edil. Unhas iniciativas que “permitirán dotar aos recen titulados das competencias e aptitudes necesarias para a súa posterior entrada no mercado de traballo” explica a edil de Emprego. Antes de poñer en marcha este programa, o Concello está interesado en coñecer os perfís de titulados demandantes de emprego que existen no municipio. “O noso obxectivo é convocar bolsas axeitadas á realidade de Cervo” explica Pedreira. Por iso, o Concello convida a todas as persoas que cumpran os requisitos que se mencionan a continuación a que manifesten o seu interese no departamento de Emprego do Concello de Cervo. “Con esa información poderemos elaborar unha oferta de bolsas formativas o máis proveitosa posible para os nosos mozos e mozas cervenses”. A edil asegura que “a nosa intención é que absolutamente todos os mozos e mozas de Cervo que cumpran os requisitos se poidan beneficiar destas bolsas” e por suposto “pretendemos darlle continuidade no tempo porque a nosa mocidade recen formada ten que ter a oportunidade de contactar co mundo laboral e adquirir experiencia para mellorar as súas posibilidades de inserción”. Requisitos É importante destacar que para poder optar a unha bolsa, os aspirantes deberán reunir unha serie de requisitos como son estar empadroado no Concello de Cervo, ser titulados universitarios ou de FP do sistema público educativo de Galicia, ser menores de 30 anos no caso de titulados de FP e menores de 31 no caso de persoas con estudos universitarios, que pasasen menos de 3 anos dende a obtención do título e non ter desempeñado un traballo profesional remunerado relacionado coa súa titulación.

Lo más visto