• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

El Ayuntamiento inicia la campaña "Se ti respectas, el respecta" para concienciar a los propietarios de los perros sobre sus obligaciones

La iniciativa del gobierno cervense incluye la colocación de paneles informativos, el envío de cartas a los dueños de perros de raza potencialmente peligrosa y el refuerzo de la vigilancia. Según la concejal de Medio Ambiente, Begoña Alonso, los paneles informativos se colocan en los parques, áreas de jugo infantil y espacios verdes, principalmente del casco urbano.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

A campaña, co slogan “Se ti respectas, el respecta”, apela aos propietarios dos cans como responsables do comportamento das súas mascotas, e distingue entre normas e obrigas, e prohibicións. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso comprobaron a colocación dun dos carteis no parque Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo, no núcleo de Cervo.  Entre as normas que hai que cumprir están a de sacar aos cans a pasear con correa, e ademais con boceira se son potencialmente perigosos; recoller as defecacións, inscribilos no Censo Municipal de Animais Domésticos e, en definitiva, actuar con civismo e responsabilidade. En canto ás prohibicións están a de non levar aos cans ás zonas de xogo infantil ou non bañalos en fontes públicas, duchas ou lavapés das praias así como que non frecuenten os areais en xeral durante a temporada de baño. Razas potencialmente perigosas   No caso dos cans de razas potencialmente perigosas, vaise reforzar a campaña co envío de cartas aos seus donos, informando de forma máis específica sobre as normas que afectan a estas razas. Por exemplo, a correa para estes animais terá que ser inferior a dous metros, homologada e non extensible. Ao mesmo tempo, non poderán ser levados por menores de 16 anos e teñen que estar dados de alta no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.  Vixilancia O Concello de Cervo asegura que son moitos os veciños con cans que cumpren coas súas obrigas, pero tamén destaca que hai outros casos nos que non se atende a estas normas. Por iso agarda que estas medidas de información sexan de utilidade á hora de concienciar á poboación e de fomentar “actitudes cívicas y responsables que mejoren la convivencia”, asegura Alonso. Pero o mesmo tempo, para asegurar o cumprimento destes obxectivos, o Concello anuncia que reforzará a vixilancia con axentes da Policía Local.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar