• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

El ayuntamiento focense continñúa sin presupuestos para el 2013, el PP no econtró apoyos en la oposición

El alcalde, Javier Jorge Castiñeira, acusó a la oposición de votar en contra del presupuesto municipal para que el ayuntamiento tenga dificultades. Esto implica que se corra el riesgo de perdser subvenciones, la aplicación de la RPT, el plan general, la compra de terrenos y otras actu aciones que aparecen contempladas en el proyecto presupuestario.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

Castiñeira explicou esta mañá que “novamente, e levamos practicamente dous anos no mesmo sentido, a oposición volve bloquear as propostas do goberno, neste caso algo tan importante como son os orzamentos do ano 2013, os orzamentos dun Concello nunha situación económica difícil e complexa, que evidentemente necesitaban do apoio dos grupos da oposición e non conseguimos ese apoio a pesar de celebrar varias xuntas de portavoces nas que o grupo de goberno foi o único que fixo un esforzo de diálogo e para achegarse ás pretensións da oposición. Pero fomos os únicos que quixemos ceder e cando se formula unha negociación eu entendo que deben ceder todas as partes, neste caso só cedía o grupo de goberno”. O rexedor municipal focense engadiu que “por parte da oposición a intención era clara de non aprobar os orzamentos, ata o punto de que o grupo de goberno cambiou a súa opinión con respecto á aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) na que era clara a nosa posición de que non correspondía este ano esa subida, pola situación económica do Concello e porque así o di a legalidade. Pero facíamos esa cesión e tamén a do plan de emprego, co cal nosoutros tampouco estábamos de acordo. Dúas pretensións que eran máis de 200.000 euros nuns orzamentos que presentábamos con 130.000 euros menos que o ano pasado e nunha situación complexa. A pesar de facer esas cesións, que eles fixeron públicas durante estes últimos meses, atopámonos cos votos en contra dunha oposición cuxo obxectivo é que o Concello teña dificultades”. Javier Castiñeira tamén explicou o que ocorre agora: “prorrogaranse os actuais orzamentos e seguiremos como estábamos. Nós, desde logo, preferíamos ter uns orzamentos actualizados, pero isto é o que pretende a oposición. Así o fixo no seu día co plan de pago a provedores, o que nos está provocando unha situación grave de tesourería, unha tensión na liquidez do Concello porque vamos ter que devolver un millón de euros nun ano, precisamente por isto, porque no pleno estes señores se dedican a bloquear ó Concello. Volvemos ao mesmo, o que é penoso. Pero nós, dende logo, vamos seguir adiante. O que ocorreu onte entraba dentro das posibilidades e como consecuencia todo aquilo que estaba previsto na nosa proposta de orzamento, como a subvención para a asociación de axuda a discapacitados de cerca de 7.000 euros; a de 1.000 ao club de tenis, que non a tiña; a ampliación da RPT aos traballadores corre risco e incluso tamén o plan xeral, porque ía unha partida orzamentaria para o seu pagamento; ía outra para o pago de terreos para a depuradora, o castro de Lelle ou calquera outro que faga falta. Todo isto ía nos orzamentos novos e todo isto vense abaixo, polo que traballaremos cuns orzamentos prorrogados. Espero que despois non se queixen o resto dos grupos de que haxa modificacións de crédito porque efectivamente estamos a falar duns orzamentos prorrogados do ano 2012 e agora estamos no 2013, nunha situación completamente distinta”. O alcalde considera que “a oposición segue erre que erre comandada por un grupo independente, Unifoz, que é o que hoxe en día está mandando na oposición, porque o grupo socialista segue detrás; a pesar de ser máis votado segue á cola da oposición, non está exercendo como verdadeiro líder e como ex gobernantes, sabendo cales son os problemas do goberno dun Concello. Nosoutros confiábamos na sensatez sobre todo do grupo socialista, porque o BNG está perdido nun neocomunismo desproporcionado e Unifoz obedece a un obxectivo particular do seu portavoz e o resto practicamente non opina”. “Esta é a situación do Concello de Foz, pero nós seguimos coa mesma ilusión, porque isto estaba dentro do previsto e tiraremos para diante con estes orzamentos prorrogados. Ninguén pode dicir que non fixemos o esforzo, esa era a nosa obriga e así o fixemos”, rematou Castiñeira. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2