• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

El Ayuntamiento firmará convenios con Hacienda y Portos de Galicia para utilizar y regularizar instalaciones municipales

El alcalde, José María González Barcia, explicó que van a solicitar al Ministerio de Hacienda firmar un convenio de cara a la gestión catastral “ya teniamos un convenio firmado desde el año 2005 mediante el que desde el propio ayuntamiento se podía dar de alta nuevas edificaciones, nuevas construcciones”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

González Barcia subliñou que “co novo convenio, que modifica ao anterior, poderemos realizar tamén desde o Concello as modificacións de uso nos locais comerciais a nivel catastral, que agora mesmo había que tramitar directamente desde Lugo. Sempre e en todo momento quen ten que facer este cambio é o titular do local”. O primeiro que terá que facer o Concello de Burela é pedir autorización ao Ministerio de Hacienda, “despois desde o Ministerio reenvíannos o convenio e hai que aprobar en pleno a sinatura do mesmo. Nun prazo de catro ou cinco meses estaríamos xa en disposición de poder tramitar as modificacións de uso nos locais comerciais desde o Concello”, engadiu o alcalde. José Mª González Barcia indicou que “estamos pendentes de asinar outro convenio con Portos de Galicia no que se especifican as instalacións de carácter municipal que existen no espazo portuario, basicamente no que se refire a saneamento”. O rexedor burelés dixo que “agora mesmo alí temos a EDAR e un sistema de colectores da rede de saneamento que, grazas á sinatura deste convenio, verán regularizada a súa situación e o Concello asume o mantemento destas instalacións porque son municipais”. O alcalde sinalou que “este é un paso que da Portos de Galicia na elaboración do plan de usos do espazo portuario, que é previo á redacción dun plan especial no que podería contemplarse no futuro esa nova EDAR ou a ampliación da EDAR actual que precisamos para poder garantir un correcto saneamento do noso termo municipal”. Recadación municipal González Barcia recalcou que “en Burela a xente cumpre pagando os seus impostos. É de sobresaliente o grao de recadación en período voluntario que temos, é un dos máis altos en toda a provincia de Lugo en calquera concepto fiscal. Tamén é moi alto o número de contribuíntes que ten domiciliados os seus impostos. É moi raro que atopemos xente que non pague os seus impostos, o que pretendemos é que todo o mundo pague o que lle corresponde, nin un euro máis nin un euro menos”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Reproducir
Directo Deportes COPE Mediodía

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Escuchar