También en directo
Ahora en vídeo
Burela |

El Ayuntamiento ha firmado los tres primeros convenios con asociaciones y colectivos para este 2014

El alcalde, José María González Barcia, ha firmado los tres primeros convenios de las subvenciones concedidas a asociaciones y colectivos para este ejercicio 2014. Ahora son las asociaciones las que deben justificar dichas subvenciones para poder cobrarlas. La próxima semana, González Barcia, continuará con la firma de más convenios para cumplir el compromiso adquirido por el equipo de gobierno con estas entidades.

De 

O rexedor explicou que “no día de hoxe procedemos á firma dos tres primeiros convenios que sustentan as subvencións para asociacións e colectivos de distinta índole, de carácter cultural, social, deportivo, etcétera, concedidas polo Concello de Burela para o presente exercicio 2014. En concreto asináronse os convenios da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela, da comisión de festas do presente ano e da Asociación de Amigos da Romaría do Monte Castelo. En total son 18.000 euros para Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Burela; 32.500 euros que aporta o Concello para a comisión de festas do presente ano e 4.500 euros para Asociación de Amigos da Romería do Monte Castelo”. González Barcia subliña que “como se ve, desta maneira o equipo de goberno cumpre co feito público no seu día; é dicir nós vamos intentar asinar tódolos convenios durante o primeiro semestre do ano e de feito estes colectivos cos que hoxe firmamos os convenios agora xa depende deles xustificar a subvención para poder cobrar. Deste xeito creo que se demostra, unha vez máis, o compromiso do equipo de goberno do Partido Popular neste Concello de Burela de colaborar cos colectivos sociais, asociacións, clubs deportivos, entidades culturais, etcétera, para o seu sustento”. O alcalde cre que “agora mesmo non hai ningún colectivo que poida dicir que dende o Concello de Burela non ten axuda dun xeito ou doutro. Tense demostrado no día de onte coa entrega de tres novos locais a outras tantas asociacións recen creadas no concello e nesta liña vamos continuar traballando. Xa sei que a algúns isto non lles gusta nada, pois o que desexarían é que desapareceran colectivos para culparnos a nosoutros exactamente do mesmo que eles provocaron. Tanto PSOE como BNG no seu momento retiraron subvencións a colectivos, soamente quedaban tres ou catro, e iso trouxo consigo problemas serios para algúns colectivos para poder sobrevivir. No noso caso, aínda na difícil situación económica que deixou precisamente o goberno bipartito neste Concello, o actual equipo de goberno está facendo todo o posible para conceder subvencións, de feito recuperounas e agora mesmo practicamente tódolos colectivos teñen subvención económica por parte do Concello. E, aparte diso, ofrece locais para que poidan realizar a súa actividade nas mellores condicións posibles e nesta liña vamos continuar”. José Mª González Barcia engadiu que “na próxima semana vanse seguir firmando convenios, porque a nosa intención é que antes de que remate o mes de xuño tódolos convenios de tódalas subvencións estean asinados e que os colectivos poidan empezar a xustificar esas subvencións atendendo ao que aparece reflectido nos propios convenios, e recordo que o borrador dos convenios foi aprobado pola xunta de goberno na súa sesión da semana pasada, e poidan así recibir a achega económica do Concello canto antes”.

Lo más visto