También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Ribadeo | Al menos así lo ha entendido el TSJG con su fallo

El ayuntamiento dejará de pagar 60 euros al mes porque ahora no hay ruido

El alcalde, Fernando Suárez, considera que la justicia entiende las justificaciones y los argumentos presentados desde el Ayuntamiento y por lo tanto dejarán de abonar los 60 euros mensuales que hay que pagar a un vecino por el ruido causado hace años por algunos locales de ocio nocturno.

De 

O alcalde, Fernando Suárez, fixo unha valoración sobre o auto dictado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no que falla que o Concello deixe de pagar 60 euros ao mes a un veciño por mor do ruido causado por algúns locais de ocio nocturno. E asegurou que “a xustiza entendeu as xustificacións e os argumentos do Concello e dáselle a razón para que non pague máis esa penalidade”. O rexedor lembrou que “desde hai anos o Concello foi obrigado a pagar unha determinada cantidade de diñeiro a unha persoa por unha cuestión vinculada co ruido, porque o Concello non era capaz de impedir o ruido e as molestias que lle ocasionaba. E eso foi así durante varios anos”. Suárez Barcia indicou que “hai un ano máis ou menos desde o Concello instamos á xustiza para que revisase esa situación entendendo que agora non se daban as circunstancias polas que no seu momento o Concello foi condeado. O ruido provocado por pubs foi reducido drásticamente nalgúns casos porque desde o Concello se levou adiante unha política exemplificadora, no sentido de que cumprira a lei todo o mundo e que diante das denuncias que particulares poden ou podían facer en calquera momento o Concello ten unha máxima de tramitación e realmente si se pasan dos parámetros de decibelios que a normativa marca eses pubs, bares, establecementos son sancionados sen ningún xénero de dúbidas”. O alcalde ribadense engadiu que “iso provocou que todo o mundo de xeito ordinario non se estea a exceder. De feito nos últimos tempos non se están a producir indicentes deste tipo, pero sempre que hai algún tramítase coa máxima dilixencia e coa máxima seguridade xurídica para as dúas partes, tanto para o que provoca o ruido coma para o que ten que sufrilo”. Fernando Suárez considera que “a xustiza entendeu os argumentos, entendeu as motivacións e as xustificacións do Concello e nun auto que pode ser recurrido, e eu descoñezo si xa foi recurrido ou non, se lle da a razón ao Concello no sentido de que non debe pagar máis esta penalidade duns 60 euros ao mes”. E engadiu que “eu esto que digo dígoo co máximo e co maior dos respectos tanto para os que provocan os ruidos por mor da súa actividade, porque teñen que poñer música ou porque teñen que traballar, e tamén co máximo respecto para os que sofren ese ruido. Sempre hai que pedirlles ás dúas partes un pouco de tolerancia e que non se leven as cousas ao límite”. O alcalde de Ribadeo sinalou que “desde o Concello tócanos este labor ás veces cuestionado polas dúas partes, uns din que non somos todo o duros que deberíamos ser e outros din que somos duros en demasía. Eu creo que a posición do Concello é central e ponderada e penso que se reflicte neste auto que lle ven dar a razón ao Concello sen perxuizo de que mañá poidamos ter algún outro problema de ruido que nos leve a circunstancias desagradables nas que nin este alcalde nin este goberno queren entrar”.  

Lo más visto