• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lourenzá |

El Ayuntamiento va a contratar ocho personas durante tres meses para la prevención y extinción de incendios

La alcaldesa, Emma Álvarez, explicó la importancia que tiene poder contratar a ocho personas que en este momento están en el paro, la pena es que no pueda ser por más tiempo.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

Álvarez Chao o remate da reunión da comisión municipal de goberno dixo que “os asuntos máis importantes foron a aprobación das bases que rexerán os procesos de contratación dunha brigada de prevención e extinción de incendios, que estará formada por un xefe e catro peóns, e tamén para contratar a tres persoas que conducirán a motobomba, para dar cumprimento aos convenios que temos asinados coa Xunta de Galicia”. A rexedora municipal comentou: “parécenos moi importante sumarnos a estes dous convenios que asinamos coa Xunta de Galicia, tanto o de roza como o da motobomba, posto que non soamente contribuímos a extinguir un incendio en caso de que sexa necesario senón tamén a previlo, que é algo máis importante. Sempre digo que máis vale previr que lamentar e polo tanto manter as franxas de seguridade libres de maleza sempre é importante, sobre todo en caso de ter un incendio forestal. Na nosa zona non é moi común que haxa incendios forestais, pero hai uns días víamos como aquí ao lado, no concello de Ribadeo, un foco de lume chegou incluso preto das vivendas. Polo tanto é moi importante que non soamente dende os concellos senón que a xente se sensibilice e faga por ter esas franxas de seguridade dentro das súas propiedades privadas limpas de matogueira para que despois non haxa que lamentar danos maiores”. Emma Álvarez tamén destacou que “é importante poder contratar oito persoas, que neste momento están no paro, para facer estes labores. É unha pena que estes contratos soamente duren tres meses e non poidan ser por máis tempo”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar