• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela |

El Ayuntamiento continuará colaborando con los centros de primaria para conciliar la vida familiar y laboral

El alcalde, José María González Barcia, y miembros de su equipo se han reunido con las Anpas de los dos CEIPs para hablar del tema. La Concejal de Educación, Mónica Pedre, afirmó que “la apuest del gobierno municipal por la educación es innegable”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

Mónica Pedre asegurou que “o Concello vai manter as mesmas actividades que tivemos este curso: deportivas, medio ambientais e a asistencia á piscina. Se é certo que non podemos incrementar o gasto que destinamos a estas actividades, tamén é certo que seguimos apostando por elas, porque entendemos que o investimento en educación e na conciliación da vida laboral e familiar é fundamental”. A concelleira de Educación tamén falou dos comedores, “o alcalde foi claro nese aspecto: se non hai nada que o impida, o Concello seguirá sufragando os custos das coidadoras do comedor”. E engadiu que “este persoal supón un investimento de 45.000 euros anuais derivados dos impostos de todos os veciños e veciñas de Burela, pero entendemos que é un servizo que hai que manter, de aí o noso compromiso, insistimos, sempre e cando non haxa nada que o impida”. Pedre Otero fixo mención a outros temas que saíron durante a entrevista, que cualificou de “moi cordial e positiva, e na que se deu un amplo intercambio de pareceres”. Dentro de eses temas, Mónica Pedre citou o estado das edificacións, e afirmou que “o Concello cumpre coas súas obrigas en canto a mantemento e conservación dos centros. De feito, o propio alcalde e eu mesma tivemos unha reunión co conselleiro Jesús Vázquez para expoñerlle as necesidades que teñen os centros; sabemos perfectamente cales son, e estamos dispostos a colaborar cos centros e coa Xunta para buscarlles solución”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar