También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Foz |

Ayuntamiento y Construcciones Alea llegan a un acuerdo para la reparación de las deficiencias existentes en la piscina

El alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, ha anunciado la firma de un acuerdo entre Ayuntamiento y Construcciones Alea, para que esta empresa repare las deficiencias de la piscina municipal, que ella misma ejecutó.

O rexedor municipal explicou hoxe que se asinou un acordo “para arranxar esas deficiencias construtivas que hai na piscina, que están provocando humidades nos paramentos laterais, mochetas arredor das ventás e en todas as paredes de pladur, nas que existen humidades importantes. Por estas deficiencias estaba retido por parte do Concello ese aval dende o ano da construción da propia piscina”. Javier Castiñeira engadiu que grazas a este acordo vanse reparar “todos eses defectos nas ventás e nas súas unións cos paramentos e arranxar interiormente as paredes, quitar as humidades e repintar, porque daban un aspecto moi malo e eran tamén un impedimento para a concesionaria, que leva os servizos da piscina municipal, en diferentes inspeccións que houbo no seu momento, dificultades hixiénicas e sanitarias, que verdadeiramente non son interesantes”. O alcalde asegura que este acordo atende tamén “ás peticións de moitos dos usuarios e veciños que usan habitualmente a piscina de Foz, que é unha infraestrutura relativamente moderna e queremos solucionar eses pequenos problemas. Chegouse este acordo e en próximas semanas, durante este mes xa, comezarán os traballos, que durarán arredor dun mes, e con esas obras teremos reparados eses defectos e poderemos devolver a fianza que durante varios anos tiña retida o Concello a esta empresa”.

Lo más visto