• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

El ayuntamiento va a cobrar por utilizar los aseos en la Playa de las Catedrales ¿y en las demás?

En el pleno ordinario de la corporación ribadense está previsto adjudicar, a la empresa Anllar, las obras de construcción de la residencia de mayores; trabajos que estiman su inicio para el mes de junio. La ordenanza reguladora de la “Ecotaxa” por la utilización de los aseos en la Playa de Las Catedrales, es otro de los puntos del pleno del jueves El alcalde, Fernando Suárez, no entiende “el rumbo vacilante y errático de la Xunta” por no firmar el convenio con el Ayuntamiento para una aportación económica para la residencia de mayores. En cuanto a la Ecotaxa, el regidor ribadense dice tener un permiso del Ministerio y así garantiza la limpieza con personal trabajando en la zona

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 09 may 2017

No pleno ordinario que se celebrará no Concello de Ribadeo aprobarase a adxudicación das obras de construción da residencia de maiores á firma Anllar. O alcalde, Fernando Suárez, estima que ditos traballos, unha vez realizados os trámites correspondentes, darán comezo no mes de xuño. O rexedor aludiu ao “rumbo vacilante e errático” da Xunta, que aínda non asinou co Concello o convenio coa cantidade comprometida hai varios meses. Nesa sesión tamén se aprobará a ordenanza pola utilización dos servizos e aseos da praia de As Catedrais. Será unha ecotaxa de 0'50 céntimos a que aboarán as persoas que empreguen os aseos. Eses cartos irán destinados ao seu mantemento e limpeza, todo co obxectivo de ofrecer a mellor imaxe posible dese areal, que ano tras ano é visitado por milleiros de persoas. Fernando Suárez explicou que “temos convocado pleno ordinario para este vindeiro xoves e trataremos varios asuntos de interese, sobre todo entendo que o máis interesante é o referido á residencia, xa que imos adxudicar xa definitivamente a obra de construción á empresa que maior puntuación obtivo e que tecnicamente cumpría coas expectativas do prego de condicións. Despois de que lle deramos o prazo para que aportaran toda a documentación requirida así o fixeron coa presentación de todas garantías en forma de avais bancarios, a fianza definitiva así como todas as fianzas de todas as melloras propostas. Todo isto supera os 500.000 euros en avais, que á vista de como están as cousas polo mundo adiante faise máis necesario que nunca que as administracións teñamos que blindar para que os proxectos poidan ir adiante sen ningún problema”. O alcalde ribadense subliñou que “unha vez que o pleno acorde esta adxudicación virá a sinatura do contrato nos días seguintes, a acta de comprobación de replanteo e xa calculamos para o mes de xuño o inicio das obras de construción da residencia. Todo isto tendo en conta este obxectivo de que ao final deste ano temos que ter unha cantidade moi importante certificada para poder xustificala diante da administración que se comprometeu con Ribadeo, é dicir a Deputación Provincial de Lugo, con 1.828.000 euros, e neste ano hai unha cifra moi importante que ten que estar certificada. De aí que nosoutros seguimos traballando dende o Concello de Ribadeo, e entendo que toda a Corporación, con rumbo firme e determinado para converter en realidade o soño colectivo dos veciños e das veciñas deste concello, a quen temos a honra de servir e para quen traballamos”. Suárez Barcia lembrou que o Concello aínda segue a esperar pola Xunta de Galicia: “doutra maneira vemos como a Xunta de Galicia segue con este rumbo vacilante e errático, pois a día de hoxe, estamos finalizando maio xa, e non sabemos nada desa pírrica achega que quedou en darnos, pero que despois de moitas reviravoltas a día de hoxe non se ten pronunciado sobre se finalmente nola vai dar ou non. E en todo caso se non a dá terá que ser o Concello de Ribadeo quen asuma esa cantidade de 500.000 euros para que isto poida ser realidade. Pero coa Xunta ou sen a Xunta será realidade; outra cousa será o que a Xunta lle teña que explicar aos veciños de Ribadeo, porque nunha residencia cuxa competencia principal é autonómica a Xunta de momento non está, aínda que se espera que estea”. Aseos das Catedrais O rexedor tamén contou que “outro dos puntos que se vai tratar neste pleno ordinario é a ordenanza que vai regular o prezo público pola utilización dos servizos e dos aseos nas Catedrais, do que xa hai semanas que se ten falado. Temos unha autorización do Ministerio para que neses servizos, que construímos hai poucos meses coa achega tamén da Deputación, poidamos cobrar unha ecotaxa, que así lle chamamos, de 50 céntimos por usalos. Non significa que iso nos vaia a sacar de pobres ao Concello de Ribadeo nin supón que vaiamos gañar moreas en cantidades de diñeiro, senón que do que se trata é de contribuír a paliar o enorme custo que lle está supoñendo ao Concello de Ribadeo a actuación directamente nestes servizos e neste entorno”. E engadiu “de aí que consideramos implantar o cobro de 50 céntimos por cada uso, da mesma maneira que en multitude de sitios do Estado español e de Europa é así, para poder o Concello garantir unha correcta limpeza sistemática durante o período de funcionamento, con persoal alí traballando para que igual que na praia, nas augas e na area tamén estean limpos os servizos e para que os turistas que visiten ese areal internacional se leven unha boa imaxe e non de desorde e de sucidade”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE