También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Cervo |

El ayuntamiento cervense ha preparado un programa de actividades para estas navidades "Pasatempos de Nadal"

Con el programa “Pasatempos de Nadal” dan continuidad a una forma de difusión de las actividades iniciada en otoño que realizan a través de un folleto conjunto de todas las concejalías y de las asociaciones cervenses Para este año tienen como novedad charlas de salud o un torneo infantil de baloncesto.
Alcalde y concejales en la presentación de la programación de...
Alcalde y concejales en la presentación de la programación de navidad

Unha información que chega a todos os fogares cervenses para que os veciños do municipio coñezan a oferta completa e dispoñan dela nun programa de man moi manexable e útil e, desta maneira, convidalos a participar. Nesta ocasión, ademais das actividades que organiza o Concello inclúense aquelas que poñen en marcha outras asociacións de Cervo e coas que colabora o Consistorio co obxectivo de axudar ás entidades a dar a coñecer os seus propios actos. Nos Pasatempos de Nadal pódense diferenciar aquelas actividades xa iniciadas nos Pasatempos de Outono ou no Nadal de anos anteriores e que se manteñen pola súa boa aceptación así como múltiples novidades. Novidades Son moitas as actividades que se poñen en marcha por primeira vez e que se estenden por todas as parroquias. Unha delas, a máis inmediata, é a exposición de Queralta Blanch “El Quijote y los Derechos Humanos” que se inaugura este domingo nas Carboerias de Sargadelos (18 horas) e que se poderá ver ao longo dos meses de decembro e xaneiro. Tamén é novidoso o Taller de decoración de Nadal para maiores, que se impartirá nos distintos locais sociais e antigas escolas das parroquias. No ámbito da saúde, ofrécense charlas dietéticas. Cabe destacar tamén as reunións informativas de dous programas de actividades dirixidas exclusivamente para as parroquias como son “Pasatempos en Cervo” e “Enrediños en familia”, e que inclúen iniciativas moi variadas para adultos e o público infantil respectivamente. Non faltarán os espectáculos, especialmente de maxia. En canto ás actividades deportivas, destaca o Campionato de baloncesto infantil. Continuidade Entre as que continúan están a Ocioteca, dirixida a nenos e nenas de infantil e primaria na que cada sábado realizan actividades diferentes; o Encontro aberto de música para mozos ou e a Escola de Maiores. Outras das actividades xa habituais son os Enredos de Nadal, para a conciliación da vida laboral e familiar, aínda que neste caso como novidade cabe destacar que se impartirán, ademais de en San Ciprián, en Cervo e en Rúa. Destaca tamén a elaboración e exposición do belén de plastilina (este mesmo domingo, ás 12 h. na Casa do Concello e ás 17 h. na Casa da Cultura); o Un, dous, tres, neste caso “Especial Lotería” ou a festa acuática infantil na piscina. Tamén son tradicionais as actuacións de corais. Asociacións As entidades tamén teñen un oco neste programa, no que se contemplan aquelas actividades que elas organizan e coas que colabora o Concello de Cervo. Entre elas unha charla de saúde sobre a alimentación e a menopausia que rematará cun magosto (30 novembro, 18 horas, Casa do Mar), que organiza a Asociación de Mulleres de San Ciprián. A mesma asociación tamén pon en marcha a actuación das pandereteiras Xiradela.   Ademais inclúense actividades dos Aventados, como a Festa de San Andrés (30 de novembro, 20 horas, Casa da Cultura); a actuación de Teatro O Bordelo “Amores dun Mariñán” para celebrar o 150 aniversario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro ou a actuación do grupo músico-vocal Bohemios, de Ferrol. En canto á Asociación de Montes de San Román e a de Mulleres Rurais As Espalladoras poñen en marcha as Xornadas Teatrais con actuacións os días 30 de novembro e 1, 6, 7 e 8 de decembro no pavillón de San Román. O Concello tamén colabora con Alcoa na VII Semana do Medio Ambiente, Saúde e Seguridade.   No eido deportivo, o Club de Tenis de Mesa de San Ciprián organiza  o II Torneo de Tenis de Mesa e a ANPA de Cervo pon en marcha unha xornada de convivencia e baloncesto aberta a todos os escolares do municipio. A Asociación Airiños do Xunco organiza un mercado ecolóxico así como a cabalgata de Reis de Cervo. No caso da de San Ciprián está organizada pola asociación Península da Paz. A asociación Fervenza de Sargadelos mantén a súa Noiteboa infantil, na súa sexta edición. Tamén a asociación Anxuela ofrece actividades de Nadal, como a Arroutada inocente e a festa de Fin de Ano.  PASATEMPOS DE NADAL TALLER DE DECORACIÓN DE NADAL PARA MAIORES Ás 10:00 2 de decembro no local da asociación Terramar en San Ciprián 3 de decembro no local social de Castelo 4 de decembro no Ecomuseo de Cervo 16 de decembro nas antigas escolas de San Román 17 de decembro nas antigas escolas de Gondrás 18 de decembro antigas escolas de Rúa 19 de decembro no local social da Senra CHARLA DE SAÚDE E MAGOSTO “Alimentación e menopausia” 30 de novembro ás 18 h. na Casa do Mar Mulleres de San Ciprián/Concello de Cervo FESTA DE SAN ANDRÉS 30 de novembro ás 20 h. na Casa da Cultura Concerto de “Vapor de arte” e “Brétema”. Baile de media noite na discoteca Pasos Os Aventados/Concello de Cervo XORNADAS TEATRAIS 2013 Ás 19 h. no pavillón de San Román 30 de novembro. A Adala (Fazouro): Sen seu amor 1 de decembro. O Bordelo (Cervo): Abordelar 6 de decembro. Raiolas (Alfoz): Ruídos na casa 7 de decembro. O Batán (Cangas de Foz): Cambadelas 8 de decembro. Ardora (San Ciprián) Xustiza de Lei Asociación de Montes de San Román/Asociación de Mulleres Rurais as Espalladoras/Concello de Cervo OCIOTECA 30 de novembro, 14 e 21 de decembro De 11 a 12:30 horas para infantil De 12:30 a 14:00 horas para primaria Na Casa do Mar BELÉN DE PLASTILINA 1 de decembro ás 12 h. na Casa do Concello e ás 17 h na Casa da Cultura Entregaranse os premios do XIV Concurso de postais de Nadal EXPOSICIÓN “EL QUIJOTE Y LOS DERECHOS HUMANOS” DE QUERALT BLANCH Decembro e xaneiro nas Carboeiras de Sargadelos Inauguración o 1 de decembro ás 18 h. VII SEMANA DO MEDIO AMBIENTE, SAÚDE E SEGURIDADE Do 2 ao 5 de decembro Alcoa/Concello de Cervo EXPOSICIÓN DO XIV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2 de decembro ao 7 de xaneiro na Casa da Cultura ESCOLA DE MAIORES Días 2, 9 e 16 de decembro ás 16 h. no Ecomuseo de Cervo Días 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de decembro ás 17:30 h. na Casa da Cultura Inscrición aberta TEATRO O BORDELO “AMORES DUN MARIÑÁN” Día 7 de decembro ás 20 h. no Auditorio da Casa da Cultura Os Aventados/Concello de Cervo 150 aniversario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro MERCADO ECOLÓXICO 8 e 22 de decembro a partir das 10 h. no pavillón do CEIP Cervo Asociación Airiños do Xunco/Concello de Cervo CHARLAS DIETÉTICAS 9 de decembro ás 16 h. no Ecomuseo 11 de decembro ás 17:30 na Casa da Cultura REUNIÓNS INFORMATIVAS SOBRE OS PROGRAMAS “PASATEMPOS EN CERVO” E “ENREDIÑOS EN FAMILIA” 13 decembro 17 h. en Trasbar 18 h. en Rúa 17 decembro 16:30 h. en San Román 17:30 h. en Castelo 18 h. en Gondrás 18:30 na Senra XIRADELA ACTUACIÓN DE PANDERETEIRAS 14 de decembro 20:30 h. na Casa da Cultura Mulleres de San Ciprián/Concello de Cervo ENCONTRO ABERTO DE MÚSICA PARA MOZOS 14 e 21 de decembro ás 20 h. na Casa do Mar XORNADA DE CONVIVENCIA E BALONCESTO 15 de decembro de 10 a 18 h. no pavillón do CEIP Cervo Aberto a todos os escolares do municipio ANPA do CEIP Cervo REPRESENTACIÓN DO GRUPO DO TALLER DE TEATRO INFANTIL: OBRA “O BOSQUE ENCANTADO NO NADAL” 20 de decembro ás 19 h. na Casa da Cultura II TORNEO DE TENIS DE MESA CONCELLO DE CERVO 21 de decembro ás 16 h. no pavillón da Veiga Inscricións na Casa da Cultura e no teléfono 982 59 51 57 Club de Tenis de Mesa de San Ciprián/Concello de Cervo ACTUACIÓN DO GRUPO MÚSICO-VOCAL “BOHEMIOS” DE FERROL 21 de decembro ás 20 h. na Casa da Cultura Os Aventados/Concello de Cervo ENREDOS DE NADAL San Ciprián (Casa do Mar) 23, 26, 27 e 30 decembro, 2 e 3 de xaneiro Grupo 1: de 11 a 12:30 h. Grupo 2: de 12:30 a 14 h. Cervo (Ecomuseo) 23 e 30 decembro ás 16 h. Rúa (antigas escolas) 26 decembro e 2 de xaneiro ás 16 h. VI NOITEBOA INFANTIL Xogos populares, merenda, contacontos e a visita de Papá Noel 24 decembro de 17 a 20 h. no pavillón CEIP Cervo ACR Fervenza de Sargadelos/Concello de Cervo UN, DOUS, TRES “ESPECIAL LOTERÍA” 27 decembro ás 19 h. na Casa da Cultura ARROUTADA INOCENTE 28 decembro ás 22 h. San Ciprián Asociación Anxuela/Concello de Cervo CORAIS DE NADAL 29 decembro ás 19 h. no Auditorio da Casa da Cultura FESTA DE FIN DE ANO 31 decembro ás 00:30 h. na carpa da praza dos Campos San Ciprián Asociación Anxuela/Concello de Cervo FESTA ACUÁTICA INFANTIL 2 de xaneiro de 17 a 19 h. na piscina municipal de Lieiro TARDE DE MAXIA CO MAGO RAFA 3 xaneiro ás 19 h. na Casa da Cultura CAMPIONATO DE BALONCESTO INFANTIL 4 xaneiro durante todo o día no pavillón A Veiga CABALGATA DE REIS 5 xaneiro San Ciprián. Ás 13 h. na Casa da Cultura os paxes recollerán as cartas aos reis magos 18:30 h. saída da cabalgata Pavillón A Veiga- Avenida da Mariña-Casa da Cultura Asociación Península da Paz/Concello de Cervo Cervo. Ás 19 h. saída da cabalgata. Escolas Vellas-Igrexa (Belén vivinte)-Casa do Concello Estrearase unha obra do Bordelo Airiños do Xunco/Concello de Cervo

Lo más visto