• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

El ayuntamiento borrará las pintadas que han aparecido en las fachadas de algunos edificios, alusivas al PP o la iglesia

Fernando Suárez señala que la restauración final corresponde a los propietarios de los inmuebles, de todas maneras ha dado instrucciones a la brigada de medio ambiente para que limpien las pintadas por contener palabras malsonantes que no es agradable convivir con ellas. 

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O rexedor aludía “a estas pintadas que dun tempo a esta parte se están a producir en inmobles públicos ou privados da nosa vila, sobre todo no casco vello. Dicir en primeiro lugar que o Concello non é o responsable das pintadas, senón os vándalos e os bárbaros que as provocan, nin é tampouco o responsable de eliminalas, porque nós non podemos asumir unha responsabilidade que en ningún caso temos”. Suárez Barcia dixo que “como algunhas delas poden facer alusións despectivas ou palabras malsoantes ou circunstancias que non son agradables para vivir nunha vila desde o Concello demos instrución á brigada de Medio Ambiente municipal para que ben a través dun líquido anti pintadas, se poidan ir borrando na medidas das súas posibilidades, ou ben cunha pintura neutra se poida tapar estritamente o contido da pintada. Correspóndelles aos propietarios das fachadas, dos muros ou das vivendas a reparación de acordo coa pintura que eses inmobles tiveran”. O alcalde ribadense engadiu que “o Concello non pode pintar unha fachada dun color concreto con cargo ao Concello, por moito que aí houbese unha pintada agresiva contra algo ou contra alguén. Poderá tentar borrala con este líquido que temos ou poderá tentar cubrila cunha pintura neutra, branca neste caso, pero a restauración final corresponderalle ao propietario dese inmoble”. Fernando Suárez fai un chamamento “para que si alguén ve algún bárbaro ou vándalo facendo estas cousas o comunique á Garda Civil ou á Policía Local porque a todos gústanos vivir nunha vila, nun concello, sen ter que soportar pintadas dun ou doutro sentido, cunha determinada intención ou non. Eu penso que hai outros lugares en democracia onde se poden facer os testemuños das posicións ideolóxicas ou políticas sen ter para iso que facelo nas fachadas de edificios públicos ou privados”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar