También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Foz |

El Ayuntamiento anima a los vecinos a participar en la campaña de fotografía ambiental que organiza SOGAMA

La concejal de Medio Ambiente, Maite López, anima a los vecinos del municipio a que participen en la campaña promovida por SOGAMA de compartir una fotografía ambiental del verano 2014. Pueden participar mayores de 18 años y entre los participantes sortearán un curso de Kitesurf para dos personas

De 

A Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) lanza unha campaña “a través da cal insta aos cidadáns de Galicia maiores de 18 anos a compartir a súa mellor foto ambiental correspondente ao verán do 2014, contribuíndo desta forma a xerar conciencia sobre a necesidade de protexer e conservar o noso prezado patrimonio natural, principal riqueza e sinal de identidade da nosa terra. Entre os autores das distintas imaxes aportadas, que en todo caso recrearán paraxes e motivos galegos, efectuarase o sorteo dun curso de kitesurf para dúas persoas, que terá lugar durante unha xornada, incluíndo o correspondente xantar, na localidade lucense de Barreiros, facéndose cargo do mesmo unha empresa especializada na materia”.

Sogama tamén explica que “só se admitirá unha imaxe por participante, debendo ser remitida, en soporte dixital, á conta de correo cmc@sogama.es  entre o 1 e o 30 de setembro de 2014. As fotografías entregadas fóra deste prazo serán descartadas. En todo caso Sogama, tal e como se contempla na correspondente convocatoria, procederá á divulgación das mesmas a través do seu sitio web www.sogama.es e redes sociais en Facebook, Twitter e Tuenti. Cada instantánea deberá ir acompañada dos datos do seu autor, así como dunha pequena descrición, o motivo polo cal foi elixida e identificación do lugar, municipio e provincia á que pertence. A temática queda a elección dos participantes, que ben poderán optar por paraxes naturais en xeral ou ben por aspectos concretos tales como fauna, flora, bosques, plantas, etcétera. As bases desta promoción encóntranse a disposición dos interesados na páxina web da entidade, recolléndose nas mesmas as normas que rexen para concorrer a esta iniciativa e condicións”.

Con esta campaña Sogama “quere facerse eco da sensibilidade medioambiental de moitos cidadáns, da súa preocupación polo coidado do contorno, da súa admiración polos magníficos recunchos naturais de Galicia, do seu esforzo por preservar a integridade destes e do seu afán por contribuír á educación do conxunto da poboación, cimento das boas prácticas e comportamentos. Con esta humilde promoción a empresa pública pretende que unha das tarefas do verán sexa precisamente inmortalizar os nosos eidos naturais favoritos e compartilos na rede como ingredientes fundamentais do noso benestar e calidade de vida”.

Os interesados poden obter máis información na páxina web www.sogama.es.

 

Lo más visto