• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Armada recuerda a los socialistas que el ayuntamiento destina 168.000 euros a los servicios sociales por los 4.700 de la Diputación

La edil de Servicios Sociales, Pilar Armada, anima a los socialistas a “decir claramente” que no quieren un campo de fútbol en condiciones y que se oponen a el, al igual que han hecho con la plaza de Os Campos.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

A edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, respondeu ás críticas do PSOE de Cervo con datos clarificadores. Armada fixo públicas as cifras dos cartos que destina cada administración a financiar servizos sociais. Así, sobre un investimento total de 367.400 euros, o Concello destina o 46% (168.500 euros), a Xunta o 53% (194.200 euros) e a Deputación o 1% (4.700 euros).  Neste sentido, Armada asegura que os socialistas “non son os máis indicados para falar de gasto social”, xa que a achega da Deputación é “de risa”. Ao mesmo tempo, a edil considera que o PSOE de Cervo “ou non se entera ou non se quere enterar de que os cartos cos que se vai financiar a remodelación do campo de fútbol non se poden destinar a gasto social”. Armada lembra que ese investimento sae do remanente de tesourería que, segundo a lei, só se pode dedicar a obras e actuacións que impliquen un aforro económico para o Concello, como é o caso do campo de fútbol, xa que inclúe medidas para reducir o consumo eléctrico e de auga. Por iso, Armada pídelles aos socialistas “que digan abertamente que non queren que os nenos e nenas das categorías de base teñan un campo en boas condicións. Pero sexan sinceros cos veciños e deixen claro que están en contra de todo o que beneficie ao municipio, igual que fixeron coa praza dos Campos”. “Sempre se opoñen a todo o que xera actividade e dinamiza o concello”, remata a edil.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE