También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Ribadeo |

APAGA implanta en A Mariña un programa de empleo y formación

Se trata de una base de datos de técnicos de automoción que pondrán a disposición de las empresas interesadas. Es un servicio gratuito que tiene su inicio en la comarca y tendrá su continuidad por Galicia y otras comunidades donde APAGA cuenta con socios.

Álvaro Doural, o presidente,  explicou que haberá un contacto directo coas firmas e que se realizará formación continua presencial e on line. Este é un servizo gratuíto, que se implanta na Mariña con carácter experimental e que despois de espallará por Galicia adiante e por outras comunidades nas que Apaga conta con socios. 

Doural dixo que “esta nova iniciativa da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia é novidosa e se vai iniciar aquí, nos concellos da Mariña, de forma experimental, coa idea de espallala despois a nivel de Galicia e nalgunhas comunidades onde a asociación ten membros”.

O presidente de Apaga dixo que “este proxecto, que se denomina Emprego e Formación, pretende elaborar unha base de datos o máis ampla posible con técnicos de automoción, que poden ser titulados ou xente con experiencia no sector e que están traballando ou que se atopan no paro. A intención é facer unha oferta ás empresas do sector, para as que moitas veces é difícil atopar determinados técnicos cun perfil axeitado ás súas necesidades. Por iso este proxecto leva tamén outra base, de empresas que van demandar este servizo. Preténdese facer tamén un observatorio de necesidades de técnicos e de formación”.

Este novo servizo que prestará Apaga, ao igual que o resto dos que puxo en marcha, é gratuíto. A través da páxina web www.apaga.es ou ben a través do correo electrónico adoural@apaga.es os interesados poden poñerse en contacto coa asociación.

Álvaro Doural indicou que “isto pretende que todas as persoas que van participar neste proxecto poidan ter unha información ao día, en cuestión de horas, das ofertas de emprego que hai a nivel de automoción. E iso mesmo para as empresas. É un servizo que creo que é necesario e que ven a axudar a paliar a situación de falta de emprego que hai neste momento, pois creo que canta máis información teñan os técnicos e as empresas será mellor para o sector”.

Segundo o presidente de Apaga “neste momento segue habendo ofertas de emprego, pero moitas veces o difícil é atopar o perfil axeitado á necesidade da empresa. Entón este observatorio que se vai facer permitirá tamén poder ir adaptando á formación para que sexa á carta, segundo as necesidades da empresa”.

“Este é un proxecto experimental no cal xa hai empresas interesadas e tamén técnicos que solicitaron este servizo e que están xa nesa base. E queremos tamén rescatar a aquela xente que neste momento xa abandonou a súa labor de traballo porque están xubilados, porque aí hai un potencial grandísimo de xente con experiencia e queremos alimentarnos desa sabedoría que teñen pois cremos que é interesante. Nós, dentro do sector do automóbil, pretendemos que toda esa experiencia que, desgraciadamente se perde na maioría dos casos, a través dalgunha vía, como o plan é experimental non sabemos como podemos chegar a esa xente, aínda que con algúns é fácil porque xa se brindaron e están dispostos a participar en reunións, charlas e conferencias. Veremos como podemos aproveitar todo ese bo facer, que é moi importante para a formación dos futuros técnicos”, engadiu Doural.

O responsable da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia contou que “hai unha serie de empresas na zona que están necesitando xente e o gran problema que teñen neste momento é atopala. É sorprendente pero é así, porque hai xente formada pero quizais non teñen o perfil adaptado. Entón o que se pretende a través do observatorio é facer esa análise para poder corrixir estas cuestións e transmitilo ás autoridades. Con este proxecto o que pretendemos é solucionar a problemática de determinada xente, que está formada pero que polas circunstancias que sexa non é capaz de chegar aos canles para poder conseguir o emprego”.

Álvaro Doural subliñou que “Apaga é un servizo á comunidade, é unha asociación sen ánimo de lucro e dende logo iso vaise manter en todo momento. A pesar dos moitos atrancos que estamos tendo para poñer en marcha iniciativas seguimos facendo cousas, con poucos recursos e poucos medios, a base de esforzo e traballo da xente que integramos Apaga. Cando vez somos máis, pois neste momento temos uns 90 socios e seguimos ampliando a outras comunidades autónomas e incorporando tamén non só profesores senón tamén xente doutros sectores, como veterinarios ou médicos, que teñen inquedanzas sobre o mundo do automóbil·.

Apaga está a rematar o proxecto europeo de mobilidade de profesores. Xa se fixo unha viaxe a Romanía e outra a Polonia e a semana próxima vaise facer outra a Francia con dez profesores para visitar empresas e centros educativos. Ademais xa solicitou outros dous proxectos europeos e estamos á espera da súa aprobación.