También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Ribadeo |

APAGA dará a conocer los atractivos de Ribadeo en sus visitas a la República Checa, Alemania e Italia

La Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, presidida por Álvaro Doural, agradece la colaboración del ayuntamiento y su disposición para colaborar activamente en esta iniciativa. Está previsto que grupos de profesores acudan a Ribadeo a largo del año
APAGA dará a conocer los atractivos de Ribadeo en sus...
APAGA dará a conocer los atractivos de Ribadeo en sus visitas a la República Checa, Alemania e Italia
  • cope.es
  • cope.es

O rexedor municipal ribadense destacou que en APAGA “son moi activos, con diversas iniciativas que están facendo nestes últimos anos e ademais agora con unha singular, que nos parece moi interesante: a través de fondos europeos van facer unha serie de visitas e intercambios con diferentes países da Unión Europea para adquirir novos coñecementos e experiencias de cómo se están facendo as cousas noutros lugares, concretamente na República Checa, en Alemaña e en Italia. E dende o Concello de Ribadeo apoiamos estas iniciativas, sobre todo cando esta xente, moita dela ribadense, aproveitando que van aprender para logo innovar aquí poidan ser embaixadores de Ribadeo. Isto entronca un pouco con todas estas campañas nas que levamos traballando dende hai un tempo para a promoción turística, porque aparte do que poida facer o Concello sempre nos gusta que a xente de aquí fale dun sitio que ten moitas posibilidades e moitos encantos, como é Ribadeo e a nosa comarca. Polo tanto eles comprométense, aparte de facer o seu traballo, a ser un pouco embaixadores, entre aspas. Para iso vamos facilitarlles folletos, vídeos e outra informacións turística para que a toda esa xente que van visitar poidan darlles a coñecer de onde veñen, de onde son e todas as potencialidades que temos aquí”. O presidente de APAGA, Álvaro Doural, agradeceu ao Concello de Ribadeo “a súa disposición a participar activamente nesta iniciativa” e explicou que “neste ano 2015, a través do proxecto Aprender a aprender na Formación Profesional,  vanse realizar visitas a Alemaña, Italia e República Checa. E de cara ao 2016 esperamos que o proxecto que presentamos teña boa acollida e sexa aprobado para realizar visitas a Estonia, Portugal, Italia, Francia e Croacia no referente a proxectos de mobilidade de profesores, que é o campo no que nós nos movemos”. Álvaro Doural engadiu que “aproveitando as nosas excelentes relacións co Concello de Ribadeo ocorréusenos abrir unha liña de colaboración para que nesas sexas viaxes haxa un momento para a presentación de Ribadeo nas diversas entidades que visitamos. Esta é a primeira experiencia, que se poderá mellorar incorporando outras accións, porque eu creo que é unha boa oportunidade para dar a coñecer Ribadeo”. O presidente de APAGA tamén comentou que “os nosos socios de Polonia, de Estonia, de Croacia e de República Checa teñen pedidos proxectos para vir a Ribadeo no 2016; polo tanto nese ano, se as cousas van ben, poderán vir a Ribadeo grupos de 10 ou 12 profesores deses países, para o que imos solicitar a axuda do Concello. Isto francamente é moi enriquecedor a nivel docente e creo que tamén a nivel de comunidades, concellos, …”.

Lo más visto