También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Lugo | El reto de poner en marcha la gestión integrada del área de Lugo

Antonio García Quintas, nuevo gerente del Hospital Universitario Lucus Augusti

La conselleira de sanidad, Rocío Mosquera, fue la encargada de presentar a los profesionales el nuevo gerente, que viene avalado de una gran experiencia en la gestión sanitaria, tanto por la formación académica como por su trayectoria profesional. Durante la presentación Mosquera anunció la próxima entrada en vigor del decreto de estructura de gestión integrada del área de Lugo “uno de los grandes retos del nuevo gerente”

De 

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera presentou ante os profesionais ao novo xerente do Hospital Universitario Lucus Augusti, Antonio García Quintáns, nun acto no que tamén estivo presente a xerente do Sergas, María Nieves Domínguez. García Quintáns substitúe no cargo a Francisco José Vilanova Fraga, quen pasou a ocupar o cargo de xerente de Xestión Integrada da Coruña. A conselleira de Sanidade agradeceu a Francisco Vilanova e o seu equipo o traballo durante estes anos, destancando entre os seu logros mais significativos o tralado ao novo hospital, que se fixo sin dúbida dun xeito exemplar e que non so significou unha muda de edificio senon un cambio cultural doutra maneira de facer as cousas. Grazas á esta xestión é posible dar agora ese salto cualitativo que permita avanzar e implantar a xestión integrada. Ao respecto, a titular de Sanidade anunciou a próxima entrada en vigor do novo decreto de estrutura de xestión integrada da área de Cervo, da area de Monforte e da área de Lugo, que establece un cambio de modelo organizativo e asistencial trala integración dos dous niveis asistenciais, primaria e especializada. Novos retos A conselleira lembrou que é necesario aplicar fórmulas que permitan poñer ao paciente no centro do sistema, ofrecéndolle unha atención integrada, sen chanzos, e para elo é imprescindible utilizar as ferramentas da xestión clínica e a xestión por procesos, que facilitan a integración entre niveis asistencias e permitan diminuír a duplicidade de probas, os desprazamentos e os ingresos hospitalarios innecesarios e a variabilidade asistencial. Neste senso, tras salientar o recoñecido prestixio profesional do novo xerente do HULA  e o seu compromiso profesional e persoal co sistema sanitario público, sinalou que o novo responsable ten por diante varios retos, entre o que destacou liderar ese proceso de transición cara unha Xerencia de Xestión Integrada.   Pola súa banda, García Quintáns amosou a súa satisfacción por atoparse ante este reto, importante e ilusionante, e para o que solicitou a colaboración e participación de todos os profesionais. Experto en xestión sanitaria O novo xerente do HULA é un experto en xestión sanitaria, tanto pola súa formación académica como pola súa traxectoria profesional, desenvolvendo diversos cargos directivos nos diferentes ámbitos da Administración dos servizos públicos de saúde. García Quintáns, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1960 e é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago. Así mesmo, é Diplomado en Xestión Xerencial Hospitalaria pola Escola de Alta Dirección e Administración EADA, de Barcelona. Ademais, é premio extraordinario da Diplomatura Universitaria de Postgrao en Xestión Empresarial de Atención Primaria, da Universidade de Barcelona. Foi director e docente de máis de 90 cursos de xestión sanitaria na Escola Galega de Administración Sanitaria, na Universidade de Barcelona e na Escola Valenciana de Estudos para a saúde, entre outras institucións. Igualmente, foi relator de máis de 50 congresos, xornadas ou reunións científicas. Ademais, foi presidente da Sociedade Española de Directivos de Atención Primaria; e resultou galardoado co IX Premio Nacional á Innovación na Xestión e Administración Sanitaria no apartado de Recursos Humanos, pola Escola Nacional de Sanidade no 2002; e X Premio Nacional á Innovación na Xestión e Administración Sanitaria, no apartado Innovacións en e-Saúde, na Escola Nacional de Sanidade no 2003. Na súa traxectoria profesional, entres os anos 1989 ao 92 foi médico de atención primaria en Moaña (Pontevedra), e na xerencia de atención primaria de Santiago entres os anos 1992-95. A partir dese ano e ata o 1998 ocupou o cargo de director médico de atención primaria en Santiago, para, posteriormente, ata o ano 2004, ser o máximo responsable da Subdirección Xeral de Atención Primaria do Sergas. Dende o ano 2005 era médico de atención primaria no centro de saúde de Vedra en A Coruña. A todo o anterior hai que subliñar que é, dende o ano 2004, presidente da Fundación SEDAP para o Desenvolvemento Directivo e director da Escola de Directivos Sanitarios de Galicia, dende o ano 2009.  

Lo más visto