También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

La ampliación del Hospital da Costa será más que una simple ampliación

El diputado mariñano del PP, José Manuel Balseiro, destacó que el proyecto de la Xunta supone una inversión de 19 millones de euros y será “un hospital público moderno, innovador y de más calidad para una mejor atención a los vecinos de la Mariña” A la inversión de las obras hay que sumar los nuevos equipamientos, las dotaciones tecnológicas y los puestos de trabajo que se crearán para atender las nuevas instalaciones Balseiro pide a la oposición y plataformas que “no pongan obstáculos y siembren dudas” para que esta futura ampliación sea una realidad

Os responsables do Partido Popular da Mariña, alcaldes e portavoces municipais mantiveron un encontro coordinado polo secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, durante o cal quixeron facer unha valoración da visita onte da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, para explicar aos profesionais sanitarios e medios de comunicación as liñas mestras entorno ás que se desenvolverá a ampliación do Hospital da Costa. MÁIS QUE UNHA SIMPLE AMPLIACIÓN: REMODELACIÓN INTEGRAL Os populares salientaron que o proxecto que impulsa o Goberno galego “non se trata dunha simple ampliación”, porque ademais da creación dun novo parking, que triplicará as prazas de aparcamento dispoñible, e das novas edificacións “que sumarán máis de 4.000 metros cadrados de espazos asistencias”, desenvolverase tamén unha ampla remodelación nos edificios actualmente existentes. “Ampliaremos e remodelaremos o hospital e, como resultado teremos un centro máis espazoso, con calidade e capacidade para resolver varios retos, como son os que representa a nova unidade de diálise, o hospital de día, o novo acceso para os pacientes, a mellora a circulación interior ou a disposición de máis habitacións... entre outras melloras”-sinalou Jose Manuel Balseiro. RESPALDO ORZAMENTARIO Os populares tamén valoraron o anuncio efectuado pola titular do departamento autonómico de Sanidade cando explicou que o ano próximo, en 2015, nos orzamentos da Xunta, figurará unha partida para a ampliación do hospital o que, sinalan, “blinda esta actuación”. Neste senso Balseiro insistiu que, no cronograma exposto pola conselleira, prevese licitiar nos primeiros meses de 2015 as obras e posteriormente adxudicalas e, con anterioridade, presentarase a redacción definitiva do Plan director, isto é, do proxecto construtivo do centro, que está aberto ás achegas dos profesionais, que será en todo momento consulados. Para Balseiro o Goberno galego está centrando os esforzos “en facer un hospital público moderno, innovador e de futuro” para A Mariña ata tal punto que, en tempos de crise a Xunta “quere facer posible o maior investimento hospitalario da historia de nosa comarca” O secretario xeral dos populares lucenses quixo alcarar que a valoración final das obras superará amplamente os 19 millóns de euros,” xa que logo aos 12 millóns nos que está orzamentada debe sumarse o IVE, o beneficio empresarial e outras melloras”. Pero é que ademais, tanto os novos edificios como os novos servizos “deben ser equipados, con mobiliario e tecnoloxía, e con máis persoal, que permitirá a creación de novos postos de traballo, polo que o investimento será moito maior”. CONFIANZA EN FEIJÓO Os populares da Mariña reafirman a súa confianza no Presidente Feijóo, no Goberno da Xunta e no seu compromiso co Hospital que, lembran xa se ten materializado nestes últimos anos con máis de 2,2 millóns de euros en investimentos “Falamos de feitos como a nova ala de maternidade e xinecoloxía, a nova sala de endoscopias dixestivas, a adaptación de novos espazos en urxencias, a posta en marcha do servizo de hospitalización a domicilio, a obra a dos quirófanos ou a nova área dedicada a tratamentos de quimioterapia, ... entre outros”- dixo Balseiro ESIXE Á OPOSICIÓN E AFÍNS QUE NON SEXAN UN OBSTÁCULO Finalmente os populares cualificaron de “traizón á Mariña” que os partidos da oposición e sindicatos “poñan obstáculos e sementen dúbidas” anta unha infraestrutura sanitaria “histórica para a comarca”, e que permitirá mellorar a atención da saúde de todos os veciños da Mariña. Os populares sinalan que desde a oposición deberán pedir por tantos anos de engano, cando daban por feito o peche do hospital e volven a reclamar que “non poñan paos nas rodas para que esta futura ampliación sexa unha realidade” Balseiro volveu a insistir, fronte a desconfianza da oposición que “hai proxecto, hai orzamento ... Hai que ter en conta que a Xunta asumiu o compromiso formal da ampliación e remodelación do hospital público da Mariña a pesares da comprometida situación económica e do investimento cero que herdamos do bipartito, incapaz de facer unha soa obra. O secretario xeral dos populares lucenses rematou sinalando que “nunca antes avanzamos tanto, nunca antes a ampliación e remodelación do hospital estivo tan próxima”

Lo más visto