También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña | Se trata de un proyecto público-privado

"A Alma da Artesanía" iniciativa pionera presentada a la secretaria general para el turismo

Una represenetación de las personas que forman parte del proyecto “A Alma da Artesanía” en la Mariña se han reunido con Nava Castro, secretaria general de turismo, para presentarle los resultados de la experiencia que han llevado a caobo un grupo formado por la Mancomunidad de la Mariña Lucense, los empresarios turísticos de la zona y los colectivos de artesanos. Entre los resultados del proyecto, que será presentado al sector turístico en Fitur, figura la creación de talleres de artesanía con grupos de trabajo práctico dirigidos a los turistas y visitantes.

O obxectivo deste encontro foi presentarlle á secretaria xeral os resultados acadados coa iniciativa posta en marcha por este colectivo que aglutina a entes públicos e a representantes do sector privado, como os empresarios turísticos e o colectivo de artesáns da zona. Neste senso, o proxecto, que leva por título A alma da Artesanía. A Mariña Lucense resulta ser pioneiro na nosa comunidade no tocante ao traballo conxunto e á colaboración público-privada nunha iniciativa de dinamización e desenvolvemento turístico e industrial deste xeodestino lucense. Segundo explicaron os responsables do mesmo, o proxecto consiste na creación dun produto turístico conformado en base aos produtos e obradoiros artesanais máis característicos da Mariña Lucense, de xeito que os visitantes coñeza, interactúen e disfruten do proceso produtivo artesanal e da cultura local. Involucra a 16 municipios, 24 artesáns e 9 casas de turismo rural. Entre os resultados obtidos figuran a creación dun catálogo das rutas da artesanía, un mapa de situación dos artesáns na Mariña Lucense; a creación dunha web que contén 9 vídeos documentais de artesáns ou a creación dun espazo web de comercialización e o deseño de seis paquetes de un día e de dous de fin de semana. Outra das iniciativas innovadoras incluídas no proxecto que hoxe lle presentaron a Nava Castro e que xurdiu dentro de A Alma da Artesanía figura a organización de obradoiros e grupos de traballo prácticos dirixidos a turistas e viaxeiros para que estes poidan experimentar en primeira persoa o singular proceso creativo. O proxecto A alma da Artesanía será presentado na vindeira edición de Fitur, a Feira de Turismo de Madrid, que se celebrará na capital de España entre os días 30 de xaneiro e 3 de febreiro. Está previsto que o proxecto sexa presentado en breve na Mariña Lucense pola secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro.