• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

ALFOZ | IpV reclama sque se actualice el censo de Alfoz

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

Alfoz é un concello que por causa da nefasta xestión que se está levando, está perdendo poboación de forma acentuada, o últimos datos poñen a cifra do censo nos 2030 habitantes, pero de poñelo ó día con data de hoxe, de seguro que estará por baixo dos 2000 habitantes, e dicir que xa estaremos falando dun concello de inferior categoría. “Dudamos que se tente manipular os censos por alcaldes como o de Alfoz, que ven peligrar miles de euros do seu soldo, tan só por que o concello teña uns habitantes menos. Xa que coa actual reforma do pp pasaría a cobrar 20.000 euros brutos, cando na actualidade estálle costando ós veciños 50.000 euros anuais (38.000 brutos de salario + 12.000 euros de seguridade social) e dicir tería un custe un 60% menos que na actualidade, deixaría de costarlle ós veciños 30.000 euros menos ó ano”. Unha vez máis podemos ver cal é o interés real de certas persoas por estar nas institucións, cando debería ser por vocación de servizo público, vese que é por conseguir un enriquecemento persoal das institucións que non conseguen coa súa labor profesional. O mellor que lle pode pasar a sociedade é que todas estas persoas que ameazan con irse da política por un soldo, se marchen dunha vez. “Dende IpV  dudamos do manexo do censo que se produza no futuro en Alfoz, debido a que tan so a variación de unhas poucas persoas pode supoñerlle ó alcalde unha diferencia de miles de euros de salario, e máis cando se está vendo o interés que teñen certas persoas en gobernar”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar