También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

Alfoz, Cervo y Burela estudian beneficiarse conjuntamente de las líneas de ayudas de la Xunta para promoción de la igualdad

Los regidores de los tres ayuntamientos: Emilio Lousas, Alfonso Villares y José María González Barcia, junto a la concejal de Servicios Sociales, Diana Durán, se han reunido esta mañana en el ayuntamiento de Burela paera abordar esta cuestión. Según Durán “Si nos agrupamos podremos acceder a una partida económica mayor que si lo hacemos en solitario”
  • cope.es
  • cope.es

A edil popular explicou que “a Secretaría Xeral de Igualdade publicou hai uns días as bases reguladoras para a concesión de axudas e subvencións a entidades locais de Galicia a promoción da igualdade, que están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. Os Concellos poden agruparse e así optar a unha cantidade de cartos maior. A contía máxima desta convocatoria son 70.000 euros”. Diana Durán lembrou que “só o Concello de Burela obtivo o ano pasado para a promoción da igualdade 44.100 euros. Fomos os primeiros de Lugo e os segundos de Galicia na contía destinada e concedida para este fin. Entón como desde Burela xa estamos a atender á poboación feminina doutros municipios como Alfoz ou Cervo en cuestións relativas á violencia de xénero é por iso que consideramos importante agruparnos para poder ter acceso a unha subvención maior”. A concelleira de Servizos Sociais burelesa indicou que “si chegamos a acadar os 70.000 euros poderemos reforzar o persoal do Centro de Información ás Mulleres e mellorar así a calidade do servizo que se presta ás mulleres de Burela, de Cervo e de Alfoz”. Durán engadiu que “esta foi a primeira xuntanza, pero ao longo dos vindeiros días manteremos máis. Agora serán os técnicos cos propios alcaldes os que analicen esta posibilidade, a de asinar un convenio entre os tres Concellos para poder acceder a unha subvención máis importante destinada á promoción da igualdade”. A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “o CIM de Burela é o máis destacado da provincia de Lugo, tanto polas prestacións que ofrece como pola cantidade de demandas atendidas e a calidade na atención das profesionais que o conforman”. E insistiu en que “a puntuación obtida o ano pasado deu lugar a que o CIM de Burela percibira o 98% do total solicitado, o que nos supuxo garantir a continuidade da prestación do servizo. Tamén é de salientar que a subvención de 2012 viuse incrementada con respecto á de 2011, e queremos seguir incrementado esta cantidade concedida pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, para este 2013. Ademais xa estamos a estudar as do 2014”. Diana Durán sinalou que “as áreas a compartir cos Concellos de Alfoz e de Cervo serían a xurídica, orientación profesional, emprego, recursos específicos en muller, información da Secretaría Xeral de Igualdade, atención psicolóxica e toda aquela información no ámbito da muller. Estas funcións estarían prestadas por unha asesora xurídica, unha psicóloga e unha técnico en administración que fai a súa función de directora do centro”.      

Lo más visto