• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

ALFOZ | El alcalde, Emilio Lousas, ha analizado con Raquel Arias, delegada territorial de la Xunta, proyectos de mejora de infraestructuras y saneamientos.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A delegada e o rexedor alfocense abordaron as actuacións que a Consellería de Presidencia financiou no municipio con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. Neste sentido, ámbolos dous representantes trataron sobre as obras de saneamento no núcleo de Couto de Abaixo, ademais da colaboración por parte do departemento autonómico nos gastos da recollida de lixo a través dunha subvención global de 58.000 euros. Esta contía procede dun fondo posto en marcha polo actual Executivo galego, que sufraga actuacións con cargo ao canon eólico nos municipios que soportan este tipo de instalacións, o que permitiu que por primeira vez os concellos galegos se beneficien directamente da explotación de enerxía eólica en Galicia. Así mesmo, Arias avaliou co rexedor que están próximas a rematar as obras do Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (Peim), que supón un investimento de máis de 53.000 euros por parte da Consellería do medio Rural e do Mar. A través deste programa estanse mellorando 1,8 quilómetros de camiños e pistas de acceso a núcleos rurais. En concreto, os tramos sobre os que se actúa son os camiño de Rizal a Señorío e de Insua a Xogral, e os accesos a Acernadas e Sesín. A delegada referiuse a importancia de “coidar e potenciar o nivel das infraestruturas no medio rural, para incrementar a calidade de vida e as oportunidades de negocio no campo e, deste xeito, axudar a fixar poboación”. Ao respecto, incidiu en que resulta “máis necesario que nunca” apelar á cooperación administrativa para “priorizar e desenvolver actuacións que dinamicen a economía local”, tendo en conta que son os concellos os que mellor coñecen o potencial e os posibles viveiros de emprego de cada zona. Por último, Raquel Arias e Emilio Lousas fixeron mención do labor que están a desenvolver os alumnos do obradoiro de emprego “Alcerval I”, que promove o concello de Alfoz xunto cos de Cervo e O Valadouro e no que se están a formar 27 traballadores desempregados. O proxecto, que conta cunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar de 238.047 euros, está orientado ás especialidades de xardinaría e atención sociosanitaria –esta última exclusivamente en Cervo-. Os alumnos dos obradoiros de emprego reciben formación para procurar a súa reciclaxe profesional ao tempo que son contratados durante os seis meses de duración do proxecto para realizar tarefas de servizo público ou interese social. No caso de Alfoz, os participantes están a traballar nos xardíns e outros espazos públicos do concello.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar