• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Alfonso Villares se ha reunido con responsables de la Tesoreria General de la Seguridad Social para intentar solucionar un problema judicial creado en el 1991

En mayo de 2014 el Ayuntamiento de Cervo fue condenado por una reparcelación realizada hace 23 años en los terrenos donde se ubica el Hospital da Costa, ahora parte del Ayuntamiento de Burela. El Tribunal Superior de Justicia de Galicia ordenó retrotraer el expediente de reparcelación, según la sentencia el Ayuntamiento de Cervo tendría que dejar sin efecto la reparcelación de unos terrenos que hoy pertenecen a otro municipio.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

  O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e técnicos municipais reuníronse hoxe con responsables da Tesorería General de la Seguridad Social en Madrid para buscar solucións a unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que condena ao Concello de Cervo a retrotraer o expediente de reparcelación da Unidade de Actuación do Hospital de Burela. Para explicar a situación actual é importante coñecer a orixe dos feitos. No ano 1991 o Concello de Cervo en mans do PSOE, e cando Burela aínda formaba parte de Cervo, fixo unha reparcelación dos terreos do Hospital. Naquel momento tamén gobernaba o PSOE no Estado. Dezaseis anos despois, no 2007, na época de Zapatero e pouco antes das eleccións municipais, a Tesorería General de la Seguridad Social decide denunciar esa mesma reparcelación. Ante esta situación, o Concello de Cervo encárgalle a defensa xurídica á Deputación. Sen embargo, o resultado non é favorable e en maio de 2014 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condena ao Concello de Cervo a retrotraer o expediente de reparcelación. É dicir, a Xustiza considerou como mal feita a reparcelación que 23 anos antes fixeran o PSOE en Cervo e o PSOE en Madrid. Desta maneira, segundo a sentenza, o Concello de Cervo tería que deixar sen efecto a reparcelación nuns terreos que hoxe en día pertencen a outro concello, o de Burela, e nos que Cervo non pode actuar. Polo tanto, a decisión do TSXG é imposible de realizar. Por ese motivo, dende maio deste ano, o Concello de Cervo está en contacto coa Tesorería para tentar chegar a un acordo e a reunión de hoxe é un paso máis nesas conversas. Unha situación “surrealista”   O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, cualifica de “surrealista” a situación creada polas diversas administracións socialistas. “Primeiro o PSOE no Concello de Cervo e o PSOE no Estado fan a reparcelación e, 16 anos despois a Tesorería, tamén en mans do PSOE, denuncia esa mesma reparcelación que ao final a Xustiza considera mal feita”, explica o rexedor. “É incrible que agora, pasados 23 anos, os veciños de Cervo teñan que pagar un problema xudicial provocado polo PSOE e denunciado polo mesmo PSOE”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar