• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Alfonso Villares preocupado por la situación de Sargadelos

El alcalde cervense se ha interesado por la continuidad de las plantas de Sargadelos y O Castro una vez el Grupo Sargadelos ha emitido un comunicado sobre la difícil situación financiera Villares ha  perdido a la empresa sensibilidad con las familias

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, fixo pública hoxe a súa valoración sobre o comunicado emitido polo Grupo Sargadelos no que fala da difícil situación financeira que atravesa. Villares manifestou a súa “enorme preocupación” e explicou que toda a información que obtivo foi a través dos medios de comunicación. Por iso, tras coñecer a noticia, púxose en contacto co responsable do consello de administración e interesouse pola continuidade das dúas factorías. “O responsable do Grupo Sargadelos confirmoume que os  centros de Sargadelos e O Castro manteranse abertos e con actividade, e tamén recoñeceu a gravidade da situación” asegura o rexedor. Aínda así, Villares quixo amosar o seu apoio incondicional aos traballadores de Sargadelos, na súa maioría mulleres, e que veñen sufrindo un ERE de suspensión temporal: “Póñome na pel de todos e cada un dos traballadores e traballadoras de Sargadelos que se poidan ver afectados por estas medidas” e por iso “estaremos en contacto coa empresa para pedirlle que faga todo o posible por defender os postos de traballo e que sexan sensibles con todas as familias”, engade. Por iso, o mandatario cervense asegura que “esta é unha moi mala noticia para os traballadores da factoría, para a empresa, e tamén é unha mala noticia para Cervo polo que Sargadelos significa para nós”. “Unha factoría “que vai máis alá da produción industrial, chegando a converterse nun símbolo identitario de Galicia e nun proxecto cultural, artístico e histórico de todos os galegos, e que entre todos conseguimos que a Xunta apoiase, sendo a única administración que se implicou e que tentou contribuír na súa mellora”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar