• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

Alfonso Villares convence a los vecinos de Trasbar para que den el visto bueno a la última fase del saneamiento

El alcalde y técnicos municipales se han reunido con los propietarios de los terrenos afectados por la última fase de la red de saneamiento de Trasbar con el objetivo de consensuar con ellos el proyecto, así como solicitar los permisos necesarios para cometer las obras. Una reunión donde todos los asistentes mostraron su conformidad.

Reunión de Villares con los vecinos de Trasbar

Reunión de Villares con los vecinos de Trasbar

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O rexedor e os técnicos expuxéronlles aos veciños os detalles do proxecto, que consiste en instalar 970 metros de canalizacións para a recollida de augas residuais na zona de Casal de Faido. Trátase da cuarta fase do saneamento de Trasbar, que se tivo que executar por partes debido á extensión do burgo e á dispersión dos núcleos. Hai que dicir que nestes momentos estase rematando coa terceira fase, que incluía a colocación de 820 metros de colectores na zona de Curral Grande.     Da mesma maneira, o Concello anuncia que coa execución da última fase Trasbar terá este ano unha rede completa, que en total estará formada por unha depuradora e máis de 3 quilómetros de canalizacións de saneamento. O edil de Zona Rural, José Ramón Soto, asegura que “para nós estas obras son moi importantes xa que, aínda que non se ven, están relacionados coa mellora da calidade de vida de moitos veciños”. En canto ao trazado da cuarta fase, o Concello quixo evitar na medida do posible que se visen afectadas propiedades e estradas da Deputación xa que “cada vez que pisamos solo provincial póñennos dificultades e problemas” asegura Soto. O edil lembra o caso da multa de 20.000 euros imposta pola Deputación ou as taxas por importe de 3.200 euros que lle reclamou ao Concello polo saneamento de Trasbar. Ao mesmo tempo, explica que ao remate das catro fases, o Concello terá investido uns 90.000 euros, é dicir, máis da metade do orzamento, de 168.000 euros, e o Goberno do Estado uns 27.000 euros, mentres a Deputación ten achegado só uns 51.000 euros dentro do Plan de Obras e Servizos, o POS, un plan que ten activo con todos os concellos da provincia.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar