También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Foz |

El alcalde denuncia "incoherencia de PSOE y UNIFOZ" por oponerse al pago de facturas con reparos, cuando en los años 2008, 2009 y 2010 se ha hecho con Cancio en el gobierno

Javier J. Castiñeira, después de que la oposición denegara el pago de facturas con reparos de intervención, denuncia la existencia de facturas pagadsas de los años 2008, 2009 y 2010, los últimos años de gobierno socialista con Cancio como teniente de alcalde. En aquel momento aprobaron reconocimientos extrajudiciales con numerosos reparos de Intervención.

Chama a atención os populares que xente que estivo levantando reparos e informes de Intervención negativos nos chame agora a nós irresponsables e denegue o pagamento desas facturas”, explicou o rexedor municipal. Javier Castiñeira pon como exemplos “reparos por facturas da nave de usos múltiples, por posibles fraccionamentos de obra incorrectos; facturas tamén dos cursos de maiores, por posible incumprimento dalgunha lei; diferentes facturas de dietas, incluso algunha do señor Cancio, que se facían incorrectamente; pagos en restaurantes por comidas e ceas que non correspondían; posibles subvencións que se facían con facturas que tampouco correspondían. Eses reparos a facturas do anterior goberno, no que estaba o señor Cancio, levantáronse con total tranquilidade”. Polo tanto o alcalde considera que “o señor Cancio non pode dar leccións de nada; sabemos que os seus motivos son os mesmos dende o inicio deste mandato: bloquear o Concello por intereses única e exclusivamente personalistas. É capaz de todo por conseguir os seus propios intereses persoais. Non será moi tarde cando este señor nos anuncie un novo cambio de chaqueta, un máis dos múltiples que xa fixo. O seu interese polo Concello é mínimo e dende logo nós temos que denuncialo porque está impedindo o funcionamento normal da corporación. Estivo en contra do pago a provedores, fundamental para a liquidez do Concello; tamén se opuxo a todos os orzamentos municipais e da suba de taxas para equilibrar os orzamentos, incluída a de Sogama, que vai custar agora 60.000 euros ao Concello, e tamén a da auga. Vai en contra de todo o que propón o goberno municipal. O PSOE e Cancio chegaron incluso a criticar o propio plan xeral de ordenación municipal que eles fixeran no ano 2007”. Castiñeira rematou denunciando a “falta de coherencia absoluta tanto do PSOE como do señor Cancio, que xa empeza a actuar como portavoz da agrupación socialista. Aló eles, pero parece bastante inconsecuente que este señor estea gobernando dende a escuridade as decisións do Partido Socialista”.     

Lo más visto