• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

El alcalde JJ Castiñera y los portavoces de los grupos políticos analizaron los presupuestos del 2013

El Gobierno Municipal aceptó el plan de emergencia y reducciones importantes en partidas de gastos, ahora espera que cedan en sus posturas los grupos de la oposición. UNIFOZ está dispuesto a consensuar unos presupuestos municipales pensados en sacar a Foz de la situación de parálisis y abandono a que los tiene sometidos el Gobierno del PP El BNG defiende unos presupuestos “sociales, realistas y con cambio en las políticas impositivas y de contratación”; proponen al alcalde rebajar su sueldo a 40.000 euros como defiende su partido en Madrid

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 7'Actualizado 26 may 2017

O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, espera que os grupos que forman parte da oposición municipal cedan nalgunha das súas peticións para o aprobar o orzamento do Concello focense para este ano 2013, xa que o goberno local aceptou incluír no presuposto o plan de emprego e facer importantes recortes en gastos, a proposta da oposición. Javier Castiñeira explicou esta mañá que coa reunión celebrada na tarde noite de onte o equipo de goberno municipal, do Partido Popular, “da por rematadas as xuntas de portavoces dedicadas a tratar de chegar a un acordo para os orzamentos municipais deste ano 2013. Despois de que o grupo de goberno aceptase, xa na primeira xunta, levar un plan de emprego, tal e como pediu a oposición, e recortar importantes partidas nos gastos, a discrepancia está agora nas subas salariais pola aplicación da Relación de Postos de Traballo (RPT) dos empregados municipais”.   O rexedor municipal afirma que “o contexto socioeconómico e incluso a legalidade avalan a posición do grupo de goberno, que o levou a conxelar os salarios dos empregados a principios deste ano. Foi debido, entre outras cousas, á falta de liquidez provocada por non terse acollido o Concello ao plan de pago a provedores, unha situación que foi debidamente informada xa no seu momento polo alcalde e na que os propios portavoces dos grupos da oposición fixeron caso omiso”. Castiñeira engadiu que “despois desta última rolda de negociacións o que lle queda ao grupo de goberno é tratar de facer un último esforzo para a elaboración dun documento definitivo que a finais deste mes ou principios do próximo poidamos levar a pleno”. O equipo de goberno focense cre que “nun documento que ten que ser consensuado deberían ceder todas as partes, neste caso tamén os traballadores e evidentemente a oposición; non só o goberno, como está a pasar. Sabemos que unha subida salarial nos momentos en que estamos, de situación económica delicada no propio Concello, é un asunto complicado. E aparte hai as limitacións legais coa aplicación do decreto lei 20/2012 de orzamentos do Estado”. Ademais o alcalde lembrou que no orzamento municipal para este ano “queremos incorporar 7.000 euros de subvención para a asociación de discapacitados e incluír ao club de tenis no programa de subvencións, con mil euros; tamén ao coro parroquial de Cangas, con 400 euros; e ao grupo de teatro O Batán, de Cangas, con 800 euros. Ademais tratamos de manter a cota ao resto de asociacións activas incluídas, como xa dixemos no primeiro momento, a Feira do Libro, a aula da UNED, as escolas deportivas e a escola municipal de música. A verdade é que xa é un esforzo importante nos tempos nos que estamos e dada a situación económica do Concello. Dotaremos tamén unha partida para a compra de terreos, ben sexa do Castro de Lelle ou para a depuradora, se se chega a algún tipo de acordo, e outra para equipamento de Radio Foz”. Nova ordenanza Por outra parte, Javier Castiñeira anunciou hoxe que o Concello “está valorando a posibilidade de elaborar unha ordenanza que regule o uso das instalacións dedicadas a aula e as pistas de tráfico onde se fan os exames das autoescolas, ademais do parque de tráfico infantil. Son dotacións municipais que lle están custando diñeiro ao Concello e evidentemente débense sufragar os gastos”.   UNIFOZ, defende de igual xeito que o fixo o ano pasado, un documento de orzamentos serio, crible e pensando nas obrigas do propio Concello e nas necesidades máis urxentes: -Plan de emprego, para Unifoz, o plan de emprego é algo máis que un diñeiro nunha partida, por ese motivo, queremos un plan de emprego que responda -As necesidades do noso pobo, para reforzar servizos (turismo, biblio-praia, axuda no Fogar, limpeza, coidado de zonas verdes, rozado de pistas, socorrismo, electricista). -Inclusión de persoas con e sen titulación e xoves -Bases pactadas na Corporación, onde se garanta, publicidade, mérito e capacidade, e situación social. -RPT, Unifoz, considera que o pago do 30 % da RPT, non é unha subida ,se non unha débeda do Concello cos traballadores/as , e que a aplicación da RPT, ten que estar contemplada no orzamento,en cumprimento do acordo da corporación o pasado 25 de febreiro de 2010, do contrario PODERÍA PRESENTARSE RECLAMACIÓN o orzamento. -Aforro, Unifoz, considera que é necesario un plan de aforro, ,neste sentido seguimos pedindo se traballe en Compostaxe, para desminuir a factura de Sogama (250 000 €), así como aforro enerxético para diminuír a factura de consumo e mantemento( 550.000 €), que mentres están apagando luces, seguimos permitindo que o alumeado público teña acendido de día. -Melloras na recadación, Unifoz, considera que é posible recadar máis sen gravar con máis impostos aos veciños, simplemente coa aplicación máis rigorosa e xusta das ordenanzas. -Non privatización de servizos, Unifoz, non votará a consignación presupostaría para privatizar os servizos de mantemento de xardíns, pois considera, que coa plantilla municipal, co plan de emprego, e coa colaboración do Obradoiro de Emprego, e reorganización puntual do persoal de outros servizos, hai medios suficientes para facer eses traballos. -Inversións, Unifoz, é consciente de que hai poucas posibilidades económicas para facer inversións, pero dentro de ese marxe, é posible por anualidades facer compra adquisición de terreos dos Castros en San Martiño. Como resumo, Unifoz, quere dicirlle ao E.Goberno, que si, poñemos o plan de emprego con 60.000 € (-20.000 €)de achega municipal e buscamos axudas de outras administracións, eliminamos os 36.000 € en privatizacións propostos polo E.G, e mantemos a cantidade en produtividade do ano pasado, poñemos os gastos en festas en 40.000 €,(a esta cantidade sumaráselle a achega privada) xa dispoñemos para aplicar a RPT na súa totalidade. Así pois UNIFOZ, considera que é cuestión de vontade, pois aínda que si recoñecemos que é un ano economicamente axustado,,,hai marxe para cumprir os compromisos cos veciños e cos empregado do Concello. Unifoz, quere anunciarlle ao E.G. do PP de Foz que non votará a favor da aprobación de ningunha factura que quedara fora de contabilidade do ano 2012 por gastos en FESTAS, por consideralo unha irresponsabilidade do Sr Alcalde e o seu equipo. Ordenanza Terrazas: Unifoz, considera que é necesario un plan para semipeatonalizar rúas, e permitir a instalación de terrazas, e que a mesmas xexan compatibles co día  a día dos veciños residentes, facelo pois con consenso cos veciños/as. Plan de Trafíco, que permita que as terrazas cumprar coa seguiridade para os veciños en xeral. Diferentes taxas, en función de ocupación con sillas e mesas temporal ou a instalación de terrazas pechadas e durante todo ano. Unifoz, considerá necesario unha ordenanza consensuada co sector hostaleiro, e a aplicación rigurosa da mesma,, para que non sexa papel mollado. O BNG defende unha serie de propostas, tanto nas bases de execución como nas partidas orzamentarias, para os Orzamentos Municipais de 2013.  Como di o voceiro municipal, Xan Carlos González Basanta “son propostas que o BNG sempre puxo enriba da mesa cando se debateron os orzamentos, propostas ás que os distintos gobernos non lles fixeron caso e así nos vai”. O BNG parte da premisa de que uns orzamentos deben basearse na realidade económica e social do noso Concello. Para isto, é tan importante ou máis elaborar unhas bases de execución serias e responsables como  presentar unha partidas realistas e cribles que teñan en contas os aspectos máis sociais. O certo é que o baile de cifras nas que o grupo de goberno entrou en varias ocasións cos outros grupos da oposición non serven de nada se non hai vontade de cumprir cos compromisos adquiridos nin responsabilidade á hora de xestionar as contas municipais. Neste sentido, o BNG ten claro que existen unha serie de medidas a incluír nas bases de execución que son imprescindibles na elaboración dos orzamentos. En primeiro lugar, xúlgamos moi necesario ampliar a vinculación xurídica das partidas. Só así non haberá tanta modificación de créditos nin baile de partidas e garantirase un maior control do gasto público. En segundo lugar, é necesario o cumprimento da lei no que respecta á certificación da existencia de crédito antes de realizar o gasto a través dun procedemento –proposta de gasto- que quede reflectido nas propias bases. E en terceiro lugar, artellar algún procedemento nas bases que garantan na adxudicación de contratos menores os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade. Outras medidas a contemplar nas bases de execución serían adiantar o cobro do IBI para obter unha maior liquidez, a municipalización dos servizos privatizados anteriormente e que caducaron como o da axuda no fogar, mantemento de alumeado público, limpeza instalacións, xestión de multas, mantemento de ascensores, mantemento de semáforos, contratos de seguro, etc., ou o cumprimento dos criterios aprobados polo Pleno no reparto da produtividade. Respecto ás partidas de ingresos, o BNG está convencido de que o Concello ten que elaborar as partidas en base o recadado –criterio de caixa- e non aos dereitos recoñecidos para ter uns orzamentos máis axustados á realidade. Por exemplo no ano 2012 os dereitos recoñecidos foron de 6.408.410 € pero só se recadaron 5.345.587 € (datos da última liquidación). Tamén serían imprescindibles medidas como aplicar a vía executiva ata as últimas consecuencias na recadación, eliminar os dereitos de dubidoso cobro a través dun expediente de depuración, ser máis escrupuloso no cobro de taxas e de impostos e establecer novos impostos directos como a imposición do IBI ás propiedades da Igrexa Católica que non teñan exención legal. Como contraposición, o BNG propón incrementar as bonificacións e as exencións en taxas e impostos para as persoas e familias máis desfavorecidas economicamente. Respecto ás partidas de gastos, para o BNG é fundamental seguir o principio de non gastar máis do que se ingresa, sobre todo no que ten que ver co capítulo de gastos en bens correntes e servizos cunha débeda a 31-12-12 de 1.286.501 euros. No ano 2012 os dereitos recoñecidos totais foron de 5.879.499 € pero quedaron pendentes de pago 1.547.587 €. O BNG defendeu no debate dos orzamentos a non contratación de empresas externas ao Concello para realizar traballos que deben e poden realizar o persoal do Concello. O PP pretende gastar 36.000 € nunha  empresa xardinería. Tamén estamos a favor de cumprir o pactado cos traballadores/as do Concello respecto á suba salarial que estaba aprobada na RPT. Agora ben, se tanto lle preocupa ao alcalde o gasto en persoal, o BNG convídao a aplicar a proposta realizada polo PP en Madrid e rebaixarse o salario aos 40.000 euros anuais brutos. Así non deixaría ningún tipo de dúbidas respecto aos sacrificios que, como servidores públicos, os alcaldes deben facer. Ante as dúbidas da legalidade da escola obradoiro así como da súa efectividade real, o BNG propón dedicar dita partida a asuntos sociais (axudas ou subvencións a persoas e familias máis necesitadas). Non deixa de ser curioso que a Xunta, dunha maneira irresponsable, non queira facerse cargo das competencias en asuntos sociais co único fin de reducir as transferencias e subvencións  que ata o momento facía aos concellos a través dos plans e programas sociais. Respecto ás argumentacións demagóxicas do alcalde culpando á oposición da situación económica do Concello, o BNG ten que dicir que esa situación é responsabilidade única do Sr. Alcalde e do seu grupo de goberno por non xestionar ben as contas municipais. A débeda adquirida cos provedores de case 1.500.000 de euros foi debido única e exclusivamente á mala xestión económica tanto do anterior grupo de goberno socialista como do actual goberno popular. O BNG é moi consciente de que dita débeda habería que pagala dunha maneira ou doutra e que polo tanto non mudaría a situación económica do Concello. A falta de liquidez nestes dous anos nos que o Estado castiga ao Concello a pagar todo de vez, compensase co aforro que o Concello vai a realizar en canto aos intereses debidos aos bancos, nada menos que en máis 200.000 euros. Co Plan de Axuste os intereses que tería que pagar o Concello a 10 anos serían aproximadamente de 300.000 euros mentres que nestes dous anos os intereses a pagar estarán arredor dos 80.000 euros. O BNG, coma fixo sempre, vai a seguir defendendo uns orzamentos baseados nas persoas, máis sociais que nunca, transparentes nas contratacións, empeñados na creación de emprego estable e de calidade, realistas nas contas, responsables coa súa execución, que graven máis aos poderosos e que defendan a autonomía municipal na toma de decisións.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE