• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

Alberto Núñez Feijoo entregó las banderas azules que lucirán en playas y puertos de A Mariña

Representantes municipales de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Xove, Viveiro y O Vicedo, así como directivos del Real Club Náutico de Ribadeo se han desplazado a Vigo para recoger los distintivos Bandera Azul de las playas, senderos o puertos deportivos que esta mañana ha hecho entrega el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo y el conselleiro de medio ambiente, Agustín Hernández.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Horacio Cupeiro, foi o encargado de recoller as bandeiras azuis que lucirán as praias de As Catedrais e As Illas-Castros o vindeiro verán. Tamén recibiu o galardón de sendeiro azul o paseo do faro da Illa Pancha ás Aceas. Ata Vigo se desprazou tamén un directivo do Real Club Náutico de Ribadeo, para recoller a bandeira azul do porto deportivo.    O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, recolleu en Vigo as seis bandeiras azuis que lles concedeu Adeac a outros tantos areais do municipio neste 2014. Son as praias de: As Pasadas, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, Altar e Fontela-Valea. A entrega realizouna o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que estivo acompañado polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.    O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, viaxou ata Vigo para recoller as bandeiras azuis que lle concedeu Adeac aos areais focenses hai uns días. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, foi o encargado de entregar os galardóns. En Foz lucirán bandeiras azuis neste 2014 as praias de Areoura, Peizás, Arealonga, Llas e A Rapadoira. E o paseo das praias recibiu o distintivo de sendeiro azul.    O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, desprazouse este venres a Vigo para recoller as bandeiras azuis que recibiron os areais do municipio neste 2014. As praias de O Portelo, A Marosa e Ril lucirán estes distintivos o vindeiro verán. Tamén recibiron estes galardóns o barco museo Reina del Carmen e a aula de educación medio ambiental Gaia. Ademais o paseo das praias foi recoñedido coma sendeiro azul. O acto de entrega estivo presidido polo titular do executivo galego, Alberto Núñez Feijoo, e polo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar