También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Lourenzá |

El ahorro de 5.000 euros en la financiación de un crédito permitirá agilizar el pago de facturas

El pleno de la corporación municipal de Lourenzá aprobó una modificación en las condiciones del crédito concedido para el pago a proveedores, que supondrá un ahorro medio de 5.000 euros anuales y permitirá agilizar el pago de facturas pendientes.

A portavoz do goberno local, Lupe Flórez Seivane, explicou que a corporación de Lourenzá celebrou hoxe un pleno extraordinario cun único punto na orde do día que “era dación de conta da resolución do 13 de maio de 2014 da Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local pola que se dá cumprimento ao acordo da comisión delegada do Goberno para asuntos económicos de 24 de abril de 2014 para a modificación de determinadas condicións financeiras das operacións de endebedamento subscritas con cargo ao mecanismo de financiamento para o pago aos provedores das entidades locais e adopción do acordo que proceda”. Lupe Flórez engadiu que “a Secretaría do Concello expuxo as tres medidas que propoñía como flexibilización dos créditos concedidos aos Concellos para os pagos a provedores. Dentro destas tres medidas había unha que nosoutros xa non tíñamos opción a acollernos pois era para aqueles concellos que teñen unhas peores condicións económicas. Non é o caso de Lourenzá, polo que poderíamos acollernos a segunda ou a terceira das medidas propostas dende o Ministerio. A segunda delas falaba basicamente da ampliación do período de carencia nun ano e a terceira, que foi á que se acolleu o Concello de Lourenzá, fai referencia ao mantemento dos períodos iniciais de amortización e carencia e á redución do tipo de interese do crédito concedido, que pasaría nun euribor de 3 meses dunha diferencial que antes era de 125 a ser de 385 puntos, polo que sería unha redución do tipo de interese de 140 puntos”. Flórez comentou tamén que “os condicionantes que poñían para acollerse a unha destas opcións de reaxuste do endebedamento facían referencia fundamentalmente a tres medidas: a primeira delas é a obriga de adherirnos á plataforma Emprende 3, encamiñada ao fomento do emprendemento por parte dos nosos veciños; a segunda fai referencia ao compromiso de adhesión á factura electrónica da plataforma do Ministerio no momento en que esta se poña en funcionamento; e a terceira medida fai referencia a substitución inmediata de polo menos o 30 por cento das licencias de apertura de distintas actividades comerciais e económicas por unha declaración responsable para axilizar a tramitación da apertura de novos establecementos”. Esta proposta foi aprobada “polos votos a favor dos seis concelleiros do Partido Popular, catro abstencións dos concelleiros que forman o grupo socialista e un voto en contra do concelleiro do Bloque Nacionalista Galego”.