• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mondoñedo | El agua llega con un tono muy oscuro

El PP advierte de la necesaria revisión de la red municipal de abastecimiento de agua en varias parroquias

Los populares mindonienses han recibido quejas de los vecinos de la parroquia de Masma sobre un problema que tienen con el servicio municipal de agua; hay casos de turbiedad en días de lluvia y de falta de agua en épocas de sequía.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O Partido Popular de Mondoñedo advirte ao equipo de goberno local dunha necesaria revisión da instalación da rede municipal de abastecemento de auga, tralos problemas que se están a producir en varias parroquias do municipio. Os populares explican que a pasada semana veciños do barrio de Moural, en Santa María Maior, non dispoñían dun servizo óptimo de auga, xa que chegaba as casas cun aspecto escurecido. Pese a que a empresa de mantemento deu resposta con axilidade a incidencia, a agua segue a saír turbia. Esta situación, segundo aseguran os populares, dificulta o día a día dos veciños, sobre todo daqueles que non dispoñen dunha fonte propia que permita a súa utilización mentres non se solvente definitivamente os problemas na traída de auga municipal. O Partido Popular lembra que esta non é a única parroquia que sufre problemas coa traída de auga municipal.  Os populares denunciaron en varias ocasións o servizo deficiente que ofrece o concello en Masma, xa que ademais de sufrir a carencia deste servizo durante os meses de verán e de seca, durante o inverno ou días de choiva a auga chega as billas particulares con lodo. Dende o Partido Popular tamén aseguran que existen outros barrios que manifestaron incidencias no abastecemento de auga, polo que estudarán estas demandas e pedirán as actuacións oportunas para darlles solucións. Deste xeito, os populares perciben que as incidencias que se están a dar poñen de manifesto a necesidade de levar a cabo unha revisión na instalación da traída de auga municipal que abastece a varias parroquias.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar