• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | El Decreto de Gestión Integrada se aplicará en esta legislatura

Acusan al PP de mentir cuando negaba la modificación del mapa sanitario

La conselleira de sanidad, Rocío Mosquera, en declaraciones a un medio de comunicación de la provincia, aseguró que durante esta legislatura se aplicará el Decreto de Gestión Integrada en Lugo; o lo que es lo mismo, da la razón a la Plataforma en Defensa de la Sanidad Pública de la  Mariña. Dicha plataforma anunció en el 2010 la desaparición del Área Norte de Salud; una movilización frenó las intenciones de la Xunta de aplicar un decreto que va en perjuicio de los pacientes con la pérdida de servicios al abrir las puertas a la movilidad del personal sanitario y la centralización de la gestión en Lugo.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña acusou ao PP de mentir en 2010 cando negaban a modificación do mapa sanitario de Galiza e a aplicación do Decreto de Xestión Integrada. Para a Plataforma as recentes declaracións da Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, nas que anunciaba a aplicación do Decreto en Lugo na actual lexislatura non só dan a razón á Plataforma senón tamén  descobren as mentiras dos representantes do PP na comarca. A mobilización cidadá parou a aplicación do Decreto de Xestión Integrada en 2010 e volverá a ser necesaria para paralo na actualidade. A mobilización da cidadanía obrigou en 2010 a parar as intencións da Consellaría de Sanidade de aplicar o Decreto de Xestión Integrada na Provincia de Lugo sacando á rúa milleiros de persoas conscientes de que este decreto suporía o desmantelamento da Área Sanitaria Norte coa perda de autonomía, mobilidade do persoal sanitario e progresiva perda de servizos e calidade sanitaria na comarca da Mariña da que dependen 14 concellos e mais de 70.000 persoas. Para a Plataforma as declaracións recentes da Conselleira de Sanidade “dan a razón ás alertas que faciamos en 2010 e volven facer necesaria unha contestación contundente para impedir as intencións do goberno galego”. As mentiras dos representantes do PP na comarca saen á luz coas declaracións públicas da Conselleira e demostran que a Plataforma tiña razón cando alertaba da aplicación en Lugo do Decreto. Segundo afirmou a Plataforma, “as mentiras dos representantes do PP na Comarca tiveron un recorrido de dous anos pero até aquí chegamos xa que é a propia Conselleira quen as destapa”, e engadiron que “cando o PP dicía que o Decreto de Xestión Integrada non chegaría a Lugo mentían, igual que mentían e seguen mentindo cada vez que anuncian ampliacións no Hospital da Costa colapsado dende fai anos”. E evidente, afirmaron, “que as nosas denuncias non estaban erradas, adiantábanse a unha situación que agora a Conselleira ven a confirmar” . Os recortes orzamentarios 2013 en asistencia primaria e especializada son un avance da folla de ruta que o PP xa está aplicando noutras comunidades. Dende a Plataforma denunciaron que os recortes no gasto corrente no Hospital da Costa en mais de dous millóns de euros e en 12,7 en asistencia primaria na provincia “son un avance das intencións do PP de aplicar en Galiza a mesma folla de ruta que o mesmo partido está executando en comunidades como Madrid ou Castela A Mancha coa privatización de servizos sanitarios, peches selectivos de centros de saúde e recortes de persoal sanitario” . A Plataforma vinculou os recortes orzamentarios para 2013 ao progresivo desmantelamento da calidade asistencial na sanidade pública executado polo goberno de Núñez Feijoo, que pola contra non deixa de derivar pacientes á sanidade privada á que se destinan cuantiosos recursos económicos.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar