• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Valadouro |

El PP acusa a la concejal de UDIVAL de "estar obsesionada con ocultar el contenido del documento notarial"

Los populares de Valadouro censuran la actitud “cínica” del alcalde, Edmundo Maseda, que “primero crea un problema y luego se lamenta”. Para el portavoz del PP “se coje antes a un mentiroso que a un cojo” porque en el acta del pleno de la moción de censura, refleja el compromiso de María José Fernández de facilitar el acuerdo a todo vecino que pudiera estar interesado.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O Partido Popular do Valadouro censura a actitude cínica do actual alcalde, o socialista Edmundo Maseda, que “primeiro é responsable de crear un problema e despois ten a cara dura de lamentarse nos medios de comunicación”. Os populares lembran que a negativa de PSOE, Udival e BNG a aprobar os orzamentos municipais limitaba moito gobernabilidade municipal que non podía nin contratar novo persoal, nin facer fronte a algúns abonos, como era o caso das pagas extra.  Desde o PP sinalan que levaban todo un ano loitando para aprobar unhas contas pero que as forzas da entonces oposición non tiñan nin vontade de negociar, nin ofrecían alternativa algunha e eses orzamentos: “todo era dicir que non”. EGOISMO POLÍTICO E AMBICIÓN PARTIDISTA O PP asegura que a pesar de que este é un concello saneado, xa que dispón dun remanente de tesourería e incluso de superávit, o bloqueo aos orzamentos dificultaba enormemente, cando non impedía, facer fronte a novas obrigas, entre elas as pagas extra. “Esa foron as razóns polas que presentamos unha moción de confianza supeditada á aprobación do orzamento. Pero deben saber, os funcionarios tamén, que a crítica situación da que agora este señor parece lamentarse é responsabilidade exclusiva súa, e do seu egoísmo político e ambición desaforada. Puxeron por diante os seus intereses partidistas aos dos seus veciños”. Os populares negan ademais que o concello estivera desatendido “ao contrario” o propio exalcalde non tiña problema algún de poñerse ao fronte dalgúns servizos, “ou de coller a pala, cando había falta de persoal”, motivada pola imposibilidade de contratar a novos traballadores como consecuencia do bloqueo aos orzamentos municipais. ACTA DO PLENO Por outra banda, o PP fixo público a copia da acta da última sesión plenaria, na que tivo lugar o debate e votación da moción de censura. Este documento reflicte o compromiso, hoxe incumprido, da portavoz de Udival, María José Fernández, de facer público o documento do pacto e de xeito literal indica: <<(María Jose Fernández) “di a todo veciño de Valadouro que este interesado en coñecer o acordo e dende que poida achegarse a calquera deles e seralle facilitado>>. Os populares acusan a concelleira de Udival de estar obsesionada con ocultar o contido do documento notarial, “ese que tiña previsto poñer no taboleiro de anuncios municipal” e lembran que en tan só sete días xa está cambiando de parecer. “Cóllese antes a un mentiroso que a un coxo” conclúen desde o PP, tras insistir que Maria Jose Fernández non dixo á verdade aos veciños do Valadouro facendo promesas que despois non ten ningunha intención de cumprir.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar