También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Ribadeo |

ACISA promociona la villa ribadense en Expovaciones Bilbao

El presidente de la asociación de comerciantes, Roberto Rivas, espera que “la presencia de Ribadeo en Expovaciones sirva para atraer a muchos visitantes del País Vasco, Cantabria y alrrededores a nuestra villa”. La reciente participación en la Feria de Turismo Interior en Valladolid resultó positiva.

ACISA sorteará dous bonos de 100 euros cada un na feira Expovacaciones en Bilbao, que se celebra do 2 ao 5 de maio. Ribadeo acudirá con stand propio a este evento. O presidente de ACISA, Roberto Rivas, “agarda que poidamos atraer a moitos visitantes do País Vasco a esta zona ao igual que ocorreu con Intur en Valladolid”. Rivas Tomé manifestou que “é a segunda vez que asistimos a unha feira destas características. A experiencia que vivimos en Valladolid en Intur foi moi positiva, de feito a Ribadeo chegaron moitos visitantes desa zona atraídos polo que coñeceron e polo que presentamos nese evento. E agardamos que en Bilbao ocorra o mesmo”. O presidente da Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos dixo que “Bilbao é punto moi cercano, debido á mellora das comunicacións, esperemos poder chegar a moita xente do País Vasco, de Cantabria e arredores, para que poidamos atraer a moito turismo á Mariña e a Ribadeo, que é o que nós lles ofrecemos”. Roberto Rivas considera que “sempre é bó acudir a estas feiras para fomentar, sobre todo, a chegada dos visitantes procedentes destas zonas máis cercanas a Ribadeo nas fins de semana ou nos días que poidan ter de descanso. O que tentamos é atraer turismo ao noso concello en tempada baixa”. Desde a directiva de ACISA subliñan que “hoteis e restaurantes asociados a ACISA (O Cabazo, Casona de Lazúrtegui, Voar, AG Porcillán, Fogar do Mariñeiro, Balastrera, Mediante e La Solana) colaboran con nós ofertando uns paquetes gastronómicos e estancias para que a xente poida coñecer Ribadeo sen custe algún para eles. Eses regalos que ofrece a hostalería ribadense sortearanse alí en directo ao igual que os dous bonos por importe de 100 euros cada un que aportan ACISA e o Centro Comercial Aberto”.   Ayuntamiento de Ribadeo A edil de turismo, Ana Martínez, sinalou que “acudimos a Expovacaciones a Bilbao para presentar nese escaparate as propostas do noso concello. Ribadeo contará cun stand propio desde o que daremos a coñecer a oferta de servizos turísticos e complementarios xunto coas experiencias que o visitante poderá coñecer e vivir en Ribadeo”. Concello de Ribadeo “entende que Bilbao é un punto estratéxico para posicionarnos no mercado de proximidade, buscando ese viaxeiro que dentro do que é o norte se pode achegar a Ribadeo non tanto en temporada alta senón ao longo do ano durante as fins de semana ou pontes. É un viaxeiro de calidade ao que ben seguro Ribadeo lle pode ofrecer o que el demanda nas súas viaxes que é esa calidade nos aloxamentos, a boa gastronomía, un comercio vivo e actual, unha vida cultural, un ocio nocturno e un patrimonio natural e histórico que son un referente da nosa vila e do noso concello”. Ana Martínez indicou que “dentro destes catro días haberá unhas xornadas profesionais nas que buscaremos contactos propicios dentro dos axentes turísticos para que Ribadeo forme parte das súas propostas presentándolles o Ribadeo de eventos, o Ribadeo de tapeo que está ben próximo a celebrarse, entre outras moitas alternativas se que poden atopar en Ribadeo. E nos dous últimos días da feira, entrando xa na fin de semana, están as xornadas abertas ao público. A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo agradeceu “a predisposición de Acisa para traballar dun xeito colaborativo xunto co Concello buscando conxuntamente o beneficio dos comerciantes, dos hostaleiros e dos autónomos, en resumo buscando o beneficio dos veciños e das veciñas de Ribadeo”.

Lo más visto