También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Ribadeo |

ACISA y la plaza de abastos recibe 50.000 euros de la Xunta de Galicia

Es una ayuda del Gobierno Gallego para desarrollar actuaciones de dinamización y de incentivación de la demanda comercial Según el presidente local del PP, Jesús López Penabad, estos apoyos pueden suponer hasta un 70% de inversión a desarrollar en las diferentes iniciativas.

O presidente local do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, agradeceu as axudas outorgadas pola administración autonómica e publicadas hoxe no boletín oficial de Galicia e remarcou o importante labor que desenvolven as asociacións de profesionais no fortalecemento dun sector clave na economía local como é o caso do pequeno comercio. O popular salientou que o Goberno galego vén de conceder axudas por preto de 50.000 ás asociacións de comerciantes de Ribadeo e da súa praza de abastos para a posta en marcha de distintas accións de dinamización da demanda comercial e iniciativas encamiñadas á promoción das vendas. “Concretamente, outorgáronselle subvencións á ACISA por un total de 40.000 euros é á Asociación de Profesionais Vendedores da Praza de Abastos de Ribadeo por importe de 9.800 euros dirixida á modernización, dinamización e rexeneración das súas intalacións de venda”- manifestou Jesús López Penabad quen engadíu que a través destas axudas concédense apoios que poden supoñer un 70% do investimento a realizar. Neste senso, salientou que este programa que vén de resolver a Consellería de Economía e Industria forma parte dunha estratexia máis ampla de impulso do asociacionismo comercial e con él búscase o apoio de diferentes actuacións coas que se pretende mellorar o servizo e atraer nova clientela Afirmou o popular, que como novidade, este ano primouse o autofinanciamento das asociacións, a través da captación de socios, e tamén se valoran de xeito especial as actuacións que beneficien ás familias numerosas, entre outros criterios de valoración. As axudas tamén pretenden ser un revulsivo para a mellora competitiva do comercio de proximidade, apostando pola súa modernización e calidade, apoiando a renovación das infraestruturas comerciais tales como as prazas de abastos. López Penabad adiantou que o Goberno galego ten en marcha tamén outros apoios para os profesionais do comercio como son as liñas de axuda para o fomento fomento da utilización das tecnoloxías da información e a comunicación ou o apoio aos concellos na renovación das infraestruturas comerciais, dentro dos cales se levan activado ao longo deste ano programas de axudas por un total de máis de 8,5 millóns de euros no conxunto da comunidade

Lo más visto