• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros |

Abierto el plazo de presentación de alegaciones a la ordenanza de utilización de las Playas

La corporación ha debatido sobre esta ordenanza reguladora que el grupo de gobierno pretende aprobar, han hecho cambios y de nuevo volvera a pleno para su aprobación definitiva. El alcalde, Alfonso Fuente, insiste en que “no es más que la aplicación del sentido común para mejorar la convivencia de las personas que acuden a disfrutar de los arenales” al mismo tiempo que “dará amparo al los socorristas”. La portavoz del BNG, Ana Ermida, explicó que la ordenanza “es una copia que importa otros modelos turísticos del Estado, que no se adecúa a la realidad de los arenales barreirenses y desaprovecha la oportunidad de reforzar la imagen turística del municipio”. Los nacionalistas ya anuncian que presentarán alegaciones.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 may 2017

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, sinalou que “A normativa estivo mal enfocada por quen mal intencionadamente quixo sacar de contexto algúns dos artigos. Dita ordenanza non é máis que a aplicación do sentido común nun espazo que é público e para disfrute de todos”. Fuente Parga relatou que “na xuntanza que tiven cos responsables da asociación North Shore Surf de Barreiros fixemos uns cambios para que poidan convivir a práctica do surf cos bañistas”. O rexedor subliñou que “esta ordenanza é algo que ven demandando desde hai moito tempo Bandeira Azul, que hai que regular eses espazos, é algo que esixe Bandeira Azul e que tiñamos que sacar adiante. É unha normativa que non vai en contra de ninguén, a pesares do que queiran facer ver algúns. Regúlanse moitas cousas como os desperdicios que se deixan nas praias. Todos sabemos que non se poden deixar, pero aquelas persoas que os deixen aí e que non queren atender ás nosas indicacións haberá que sancionalos. Non ten carácter sancionador, pero aquel que incumpra e que iso supoña que as súas actitudes xeren gastos para todos veciños tendo que incrementar a limpeza, terán que pagar a sanción correspondente se non fai un uso cívico da praia”. O alcalde manifestou que “o ideal sería non ter que recadar nada, porque iso querería dicir que todo o mundo se comporta correctamente nos areais, disfruta e permite disfrutar aos demáis en condicións”. Alfonso Fuente engade que “sempre houbo unha boa convivencia nas praias, pero non é verdade cando din que non hai problemas. Sí que hai problemas e moitas veces eses problemas chegan vía correo electrónico a Adeac. Todos estamos a facer esforzos para manter as bandeiras azuis nas nosas praias, Barreiros ten que seguir a distinguirse doutros concellos e tiña que regular, polo tanto, o uso dos areais”. O alcalde de Barreiros destacou que “o ordenanza lles dará moito amparo aos socorristas para efectuar as indicacións correspondentes aos bañistas e aos usuarios das praias”. O BNG de Barreiros votou en contra da ordenanza reguladora do uso das praias argumentando que é unha ordenanza cun “tono excesivamente prohibicionista, que non regula as obrigas do concello (como as referidas á limpeza ou á dotación de servizos) e na que se desaproveita a oportunidade de darlle un pulo turístico ao municipio.” Para o BNG, “a ordenanza é unha mala copia de outras normas reguladoras existentes no levante ou no sur de España e pode chegar a causas máis problemas que a solucionalos, por exemplo, co referente ás actividades que se poidan considerar molestas. Deixando cuestións absolutamente subxectivas e arbitrarias como o que cada quen pode considerar molesto en canto a xogos ou á música.” “Os feitos de que o texto estivera en español ou que o propio Alcalde levara modificacións do mesmo no propio pleno dan boa conta de cómo foi feita a regulamentación: un corta e pega doutras ordenanzas, feita á presa e sen ter en conta a realidade do concello ao que vai aplicarse”, aseguran desde o BNG. Por outro lado, os nacionalistas dubidan da aplicación que se poida facer da mesma, e califican de “incongruencia o feito de que se incrementen as funcións do persoal de salvamento e socorrismo, que tamén terán que levar a cabo as labores de policia, ao tempo que se está recortando no número de persoas que se adican a este servizo.” Fomentar outro tipo de turismo como obxectivo do BNG Pero ademais, os nacionalistas barreirenses lamentan que a ordenanza se utilice só para prohibir e con un especial carácter sancionador e recaudatorio e non se aproveite para regular cuestións que podían supor un pulo e unha diferenciación para a oferta turística de Barreiros. O BNG aposta porque “se regulen, tendo en conta os quilómetros de areais dos que dispón o concello, espazos nos que se fomente o turismo naturista e/ou nudista ou espazos aos que se poida acceder con mascotas. Estas serán algunhas das alegacións que presentará o BNG de cara a fomentar outro modelo de turismo lonxe da masificación das praias que parece que é o referente turístico que ten o goberno local”. Ordenanza reguladora do ximnasio municipal Aprobouse por unanimidade a ordenanza reguladora do ximnasio municipal, despois de introducir varias modificacións propostas polo PSOE, polo BNG e polo PP, que inclúen descontos para os discapacitados, os estudantes e os parados de larga duración. Sobre a ordenanza do ximnasio Alfonso Fuente indicou que “saíu para adiante, aínda que se lle fixo algunha modificación. Unha delas foi proposta por nós, polo PP, para incluír descontos a persoas con algún tipo de discapacidade. Outra proposta fíxoa o BNG para reducirlles a taxa ao estudantes, que tamén nos pareceu correcto. E o PSOE propuxo descontos para os parados de larga duración. Unha vez efectuados todos estes cambios a ordenanza saíu adiante”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar