Martes, 09 febrero 2010
Actualizado a las 20:44h
Portada > Local > de la Costa > FOZ
EL BNG SACÓ ADELANTE SUS MOCIONES
El Ayuntamiento de Foz celebró este jueves Pleno en sesión ordinaria, en el que se trataron temas como la apertura del nuevo trámite de información pública del Plan General de Ordenación Municipal o la cuenta general del ejercicio 2008. El alcalde focense, José María García Rivera, se muestra satisfecho con la sesión plenaria de ayer, ya que se aprobaron todos los puntos. Por su parte, el BNG sacó adelante sus mociones.
Entre os puntos tratados hai que destar os seguintes:
1.- Apertura de información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal, así como do documento de sostenibilidade ambiental. A Corporación Municipal acordou por unanimidad empezar a exposición pública o día 1 de Setembro, si os redactores do Plan Xeral lles entregan as contestacións das últimas reunión saos grupos de traballo, se tardan tempo en entregalas retrasaríase a exposición pública. Unanimidade.
2.- Conta Xeral 2008. Os grupos da oposición fixeron unhas valoracións negativas do estado das contas do Concello de Foz, ao que o Alcalde lles contestou que Vds. teñen que falar así porque lóxicamente están na oposición e teñen que montar o seu discurso, pero o informe de Intervención non di para nada o que din Vds., e o que dí ese informe é que a conta xeral é informada favorablemente polo Interventor Municipal, a maiores no ano 2008 o Concello de Foz tivo aforro neto nun 4,37% , cando no ano 2007 tamén tivo aforro neto nun 0,57% , o que nos ven a decir que non se fan as cousas tan mal como Vds. din no Concello de Foz, aínda que reconocemos que si entraran nos aforros netos as facturas que se recoñecen extrajudicialmente o aforro sería 0, aínda que estas facturas moitas delas veñen dadas por urgencias no noso Concello, o Alcalde resumeu dicindo que o Concello de Foz ten unha situación aceptable e que van a seguir traballando para mellorala. Votación: PSOE si, BNG abstención, PP en contra.
3.- Expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos. Neste punto o Alcalde explicou que debido ao apoio do goberno do Estado para solicitar un préstamo de pago de facturas do ano 2008, se solicitara a cantidade de 78.205,27 € para pagar unhas facturas pendentes, a proposta foi votada a favor polo PSOE, PP abstención e BNG en contra.
4.- Modificación ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar. Nesta proposta a Concelleira de Asuntos Sociais, Rosa Alonso, dixo que esto tiña que estar aprobado antes de Setembro por indicacións da Xunta de Galicia. Votaron a favor desta proposta PSOE e PP, en contra o BNG. O Alcalde recriminou ao BNG que se desmarque dunha condición posta pola Consellería de Benestar Social cando a dirixía Anxo Quintana, argumentando que por sistema este ano iban a estar en contra de subida de todo tipo de taxa pola crises, ao que o Alcalde lles dixo que había que ser solidario cós demáis grupos políticos e non facer política cara a galería.
Pola súa parte, o BNG sacou adiante as mocións sobre a legalización dos pasos elevados e sobre cambiar o sistema de recollida de lixo cos votos favorables do PP e en contra do PSOE.
A primeira instaba ao alcalde a legalizar os reductores de velocidade instalados no Concello por incumprir coa maioría das instruccións técnicas especificadas na orde ministerial de Fomento 3053/2008 en canto as súas dimensións, ao borde da estrada, á conexión coa beirarrúa e á drenaxe. O alcalde chegou a afirmar que os pasos estaban moi ben e que todo o mundo estaba contento pero o certo é que son ilegais e que en caso de accidente as responsabilidades recaerán no Concello se non se adaptan á lei
A segunda das mocións aprobadas instaba ao alcalde a cambiar o sistema de recollida de lixo implantado no casco urbano por incumprir a lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais por outro sistema máis automatizado. O actual sistema incumpre totalmente a Lei sobre prevención de riscos laborais na obriga das administracións en evitar a manipulación manual de cargas pero sobre todo no tocante as condicións laborais dos traballadores/as ao ter que facer o seu traballo subidos nun remolque sen ningunha medida de suxeción nin de seguridade polo que as consecuencias dun accidente poderían ser moi graves. O BNG ve preocupante a lixeireza coa que o alcalde e o Grupo de Goberno trata estas cuestións pero advirte que o alcalde e o grupo de goberno, se non levasen a cabo a execución deste acordo plenario, serían os únicos responsables de calquera consecuencia grave que se puidera derivar por non tomar as medidas oportunas e prescritas pola lei.
Tamén o BNG presentou por urxencia unha moción para solucionar os problemas na recepción da TDT polo repetidor de Boal. O punto quedou sobre a mesa porque o tenente alcalde quedou en presentar un informe no próximo pleno de cales son as deficiencias e de facer as xestións oportunas para resolver este problema. O BNG, durante o pleno volveu a reincidir nos problemas graves que existen no mantemento do alumeado público. O grupo de goberno afirmou que só son “casos puntuais” cando onte mesmo –e leva así máis de tres días- gran parte do casco urbano está sen luz pública toda a noite. En concreto onte estaban sen luz todas as Casas Baratas, Rúa Salvador de Madariaga, Avda. Dos Irmandiños, Curros Enriquez, Trapero Pardo e Alfredo Brañas.
¿Te Gusta?
PUBLICIDAD
© Cadena COPE 2009
Radio Popular S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal