Así son las Mañanas| Mediodía COPE| La Atalaya| La Linterna| Tiempo de Juego| El Partido de las 12| La Noche de COPE| Dos Días Contigo
URGENTE:
Grecia celebrará elecciones generales en abril
Renovando el parque móvil municipal

Foz estrena un tractor-desbrozador y una barredora convencional

El ayuntamiento de Foz estrena dos nuevos vehículos para su parque móvil municipal: un tractor – desbrozador, cuyo importe es de 86.509 euros, y una barredora convencional con un importe de 111.720. El alcalde focense, José Mª García Rivera, manifiesta que cuando llegaron al gobierno, ya habían tenido que renovar y mejorar el parque.

comentar  |   imprimir
R.B. - 20-08-09

O Alcalde do Concello de Foz, D. José Mª García Rivera, manifesta que herdamos como parque móbil municipal cando entramos no Concello  unhas máquinas totalmente deficientes, polo que tivemos que  mellorar dito parque móbil na compra ou xestión con outras administración de: dous camións de lixo, unha pala cargadora, tres vehículos “todoterrenos” da policía, dúas motos da policía local, un camión cargador para uso das obras, dous tractores desbrozadores, unha varredora convencional, dous “todoterrenos” para Protección Civil e brigada de obras, unha grúa elevadora…

Segundo o Alcalde é importante ter o noso parque móbil renovado, debido a que o aforro en talleres é significativo e, a maiores, as máquinas dan unha productividade máis alta.

Por outra banda, o Alcalde tamén se referiu ás manifestacións feitas polo Partido Popular no día de onte, manifestando o propio Alcalde que o Partido Popular sabe perfectamente que tanto o goberno municipal como os traballadores do Concello están a traballar como debe de ser, sacando os problemas para adiante e actuando en beneficio do interese xeral, polo que entendo que o Partido Popular está no seu dereito de facer as manifestacións que crea axeitado, aínda que o único que intenta é crear confusión e buscar a forma máis fácil de facer a crítica que existe, polo que non lle vamos a entrar ao seu xogo.

A maiores teño que dicir que sempre defendín á xente nova, en todos os momentos, e neste verán 2009 os actos vandálicos aos que se refire o Partido Popular foron mínimos, é dicir conseguiuse o mellor verán dos últimos anos sen roturas importantes no mobiliario urbano, salvo un caso esporádico como foi o tirar dous “contenedores” ao acantilado.

Por outra banda, temos que manifestar que sempre defenderemos o dereito á diversión e tamén ao descanso dos cidadáns, polo que reprochamos todo tipo de algarabía que se produce tanto nos locais de copas como na propia rúa, feitos que son imputables a unha mínima parte da xuventude que se concentra nesas zonas, non empañando para nada o comportamento xeral da nosa xuventude, contra isto ó Concello non lle vai a tremer a man para cerrar os expedientes que están abertos co precintado dos locais correspondentes se se dá o caso, deixando claro que non é a primeira vez que se actúa deste xeito.

O que si reprochou enerxicamente o Alcalde de Foz ao Partido Popular, é que este mencionara a palabra visita institucional do Presidente de Portos de Galicia ao Concello de Foz, como foi a celebrada o pasado mércores no noso porto, e nin siquiera tiveron a delicadeza de invitar ao Alcalde lexítimo deste Concello, como se lle pode chamar a eso visita institucional, un dos participantes nesta visita era o Sr. Barreiro, do cal nos extraña o seu comportamento debido ao cargo de Presidente do Partido Popular na provincia de Lugo, entendo como Alcalde do Concello de Foz que o que busca o Partido Popular é precisamente movementos de agravio para crear un mal clima, lonxe está deso, dado que estes memos episodios xa xucederon noutras ocasións e estamos acostumados a que nos traten deste xeito; ao mesmo tempo  tamén nos extrañou a posición do elexido Patrón Maior de Foz, pois noutras ocasións aínda que o Partido Popular non invitara ao Alcalde do Concello, sí o facía o Patrón Maior da Cofradía, entendendo que o Alcalde do Concello debe de estar en todo momento en todas as decisións que afectan ao noso Concello.

O Alcalde manifesta a decepción e o anuncio do incorrecto Presidente de Portos de Galicia, debido a que máis que vir a facer, veu escamotear aquelo que estaba prometido polo anterior goberno e cós proxectos feitos, como era o dragado da dársena de Porto Chico, o dragado do muelle antiguo, a colocación de novos pantaláns, e o dragado do canal de entrada que sufragaría Portos de Galicia coa axuda económica da Dirección Xeral de Costas, o que non sabe nestes momentos o Alcalde de Foz é quen vai a pagar o dragado do canal de entrada, por suposto será Portos de Galicia, pois o contrario, si é a Dirección Xeral de Costas, terá que facerse o descrito anteriormente neste escrito.

* campos obligatorios

TU COMENTARIO:

Normas de uso

© Cadena COPE 2010
Radio Popular S.A. - COPE. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal