Podcast Feed Noticias

COPE.es

Martes, 09 febrero 2010

Actualizado a las 20:43h

Portada > Local > de la Costa > FOZ

MÁS NOTICIAS DE FOZ

Rivera sólo siembra dudas

El BNG solicita la creación de una Comisión de Investigación sobre el caso Saiju

El Bloque Nacionalista Gallego va a solicitar en el próximo Pleno de la Corporación Municipal la creación de una Comisión para investigar las relaciones contractuales existentes entre el ayuntamiento de Foz y la empresa Saiju Instalaciones. El detonante de esta petición radica en la actitud mantenida por el alcalde, José María García Rivera, en el pleno celebrado ayer, ya que ante las preguntas formuladas por el BNG sobre esas relaciones, Rivera únicamente se limitaba a repetir la “misma cantinela” de siempre, sembrando todavía más dudas sobre el asunto.

comentar  |   reenviar   |   imprimir

R.B. - 18-09-09

Xan Carlos González Basanta, portavoz del BNG en Foz.

Non entendemos desde o BNG como o grupo de Goberno que debía ser o máis interesado en clarexar estas cuestións, optase por votar balóns fora e non só iso que se dedique a montar polémicas estériles que non pretenden outra cousa que desviar a atención sobre o fondo do asunto. Nos nunca apostamos por xudicializar a vida política, agora ben, se a alguén lle gusta andar de preito en preito é problema del. Porén o inicio dun proceso xudicial, e más na vía penal, non significa que non haxa que asumir resposablidades políticas e administrativas que xurdan da aclaración deste caso no seo da corporación, porque a un cargo público non hai que esixirlle só que actúe conforme a dereito senón que actúe con decoro ético. Saiba logo, o grupo de goberno que o BNG, non vai admitir que actitude duns poucos poña en cuestión a honradez do noso Concello e manche o seu nome como está a acontecer neste caso.

O Bloque Nacionalista Galego entende que é necesario que por parte dos servizos de secretaría e de intervención se elaboren os informes técnicos necesarios que aclaren os termos legais desta relación contractual. Agora ben, precisamos respostas políticas, sobre a composición accionarial da sociedade, sobre a constitución desta en 2003 ten algo que ver coa entrada en política da Sr. Alonso,sobre o feito de que esta mude unha vez que muda a lei de contratos en 2008, sobre a participación, se é que existe  da señora Alonso na sociedade, sobre a participación da Sr. Alonso nos beneficios da empresa a través do réxime de gananciais cunha accionista da empresa, sobre o papel que xoga o administrador único, cuñado de Alonso nesta sociedade, sobre se esta empresa fixo traballos de subcontrata para empresas concesionarias do Concello, sobre a facturación desta empresa a outros clientes, no caso de existir, que non sexan o Concello de Foz, sobre o aumento do patrimonio, no suposto de habelo,  da Sr.Alonso desde que entrou na Corporación de Foz e se este ten haber con beneficios derivados da referida empresa...

Na mesma orde de cousas o BNG entende necesario que por parte do Grupo de Goberno se explique o proceso de contratación do esposo da Sra.Alonso no Concello de Foz posto que ate agora só escoitamos explicacións de mal pagador. Non nos vale a referencia a composición do tribunal, posto que todos  sabemos que o traxe se corta en función do patrón e o patrón esta feito nas bases de contratación. Que curiosidade que se opte pola vía do contrato de relevo, cando todos sabemos que acontece con aqueles traballadores que entran de relevistas en calquera empresa, isto é da temporalidade ao traballo indefinido. Que curioso tamén a acreditación de determinadas cualificacións en relación con outros procesos selectivos que se deron no Concello. Que curioso que o Goberno Local se negue a elaborar unhas bases de contratación a pesar das mocións aprobadas a instancia do BNG desde que iniciou a lexislatura.

¿Te Gusta?

* campos obligatorios

Normas de uso

 

Anuncios

PUBLICIDAD

© Cadena COPE 2009
Radio Popular S.A., Cadena de Ondas Populares Españolas. CIF A28281368, C/ Alfonso XI, 4. 28014, Madrid. Todos los derechos reservados. Aviso Legal